Lauryn Hill ofrecerá o 17 de xullo en Castrelos o seu único concerto confirmado en España

O programa municipal “Vigo en Festas 2019” suma o seu segundo concerto internacional no Auditorio ao aire libre de Castrelos. Logo de comunicar a actuación de Tom Jones para o 23 de xullo, o alcalde avanzou hoxe xoves que o Concello ten pechada a presenza da galardoada artista estadounidense Lauryn Hill para o 17 de xullo.

Será a primeira vez que a ganadora de oito premios Grammy recale en Galicia e a única actuación que Hill ten confirmada en España na súa xira internacional deste ano. É considerada unha icona cultural que vendeu máis de 20 millóns de copias do seu traballo de debut en solitario, The Miseducation of Lauryn Hill, despois de ser parte da formación The Fugees.

Co seu álbum en solitario bateu todos os rexistros nos premios Grammy, sendo a muller con maior número de candidaturas nunha sola edición (cun total de dez) e o maior número de galardóns conseguidos (cinco, incluído o de Disco do ano). Hill, quen tamén é actriz e produtora, ofrece unha mistura de reggae con hip hop e soul americano.

Logotipo cabecera