Listas condutor/a. Sergas

 Contido: Resolución do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes da categoría de condutor/a nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
Requisitos:
Deberá posuír, polo menos, unha das titulacións indicadas:
• Graduado escolar.
• Graduado/a en ESO ou equivalente.
• Título de técnico (formación profesional de grao medio).
• Formación profesional de primeiro grao.
E, adicionalmente, deberá estar en posesión dos seguintes permisos e/ou certificacións:
• Permiso de conducir clase BTP.
Para vinculacións temporais de condutor/a de vehículos especiais de carácter sanitario:
• Permisos de conducir das clases C e D, xunto cos certificados de aptitude profesional (CAP) de ambas as clases de permisos ou, de ser o caso, acreditación da súa exención,
nos termos do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.

Prazo:

  1. Primeira xeración de listas: do 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2015
  2. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera