EN MARCHA COA DEPO

Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no eido das persoas maiores.

Ten por finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a súa inclusión en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de implicación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecendo a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Os distintos obradoiros teñen unha duración de 30 horas e están dirixidos á terceira idade. Para a súa realización, a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis.

Para poder realizar o obradoiro, este deberá contar cun mínimo de 15 persoas inscritas.

En función da acción formativa, cada participante deberá achegar o material recollido no catálogo como “materiais que levará o alumnado”. Cada obradoiro terá un custo de seis (6,00) euros por persoa.

+info: EN MARCHA COA DEPO

Logotipo cabecera