Mostra: «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos». Vigo

Convoca: FUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA. VIGO.
Alén da morte, o cabodano remarca a idea da celebración, homenaxe, memoria e, polo tanto, futuro. Con este propósito nace a mostra «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos», que se pode ver na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo do 6 de febreiro ao 6 de abril. Nela descubrimos os artistas Joan Fontcuberta (Premio Nacional de Fotografía), Ana Soler e Fran Herbello, con traballos creados ex professo.
Nesta mostra-cabodano festéxase a grande actividade editorial que tivo o CEF de Vigo (Centro de Estudos Fotográficos) que en 2016, despois de 30 anos durante os que editaron 44 libros, cesa este labor, aínda que continúa o comisariado de mostras e a investigación no mundo da fotografía. En vez de propoñermos unha exposición descritiva, como é habitual, convidamos a Ana Soler, Fran Herbello e Joan Fontcuberta a traballaren sobre os libros publicados polo CEF. Baixo o comisariado de Manuel Cendón e Xosé Luís Suárez Canal, na mostra diseccionaranse, dun ou doutro xeito, todas estas publicacións, ao tempo que se porán a disposición do público para que cada visitante poida levar unha

Teatro Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

6 de febreiro a 6 de abril de 2019
Luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

Domingos e festivos pechado

Entrada gratuíta

Logotipo cabecera