SER MULLER É UNHA BOA IDEA

Un ano máis, a Concellería de Igualdade pon en marcha o programa formativo “Ser muller é unha boa idea” por medio do cal ofértanse 52 horas de formación ás vogalías da muller das asociacións veciñais.

Nesta nova edición do programa que abrangue o período de outubro de 2017 a xuño de 2018, ofrecémoslles ás entidades 52 horas de formación, distribuídas en dous módulos.

I. MÓDULO DE IGUALDADE.
Contidos: cunha metodoloxía dinámica e participativa para tratar aspectos como dereitos e recursos, achegas das mulleres á historia, á conciliación, á corresponsabilidade doméstica e familiar, roles e estereotipos de xénero, linguaxe sexista, violencia de xénero, etc

Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos

12 horas distribuídas en 6 sesións de 2 horas de duración cada unha

II. MÓDULO DE HABILIDADES E TEMPO LIBRE
As entidades poderán elixir 40 horas de formación, (distribuídas en 1 curso de 40h ou en 2 cursos de 20h de duración cada ún) de calquera das materias que se lles oferta desde a Concellería de Igualdade

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos

Os cursos son gratuítos. As mulleres que desexen inscribirse nalgún dos cursos que se relacionan no documento adxunto, deberán contactar canto antes coas entidades onde se van celebrar.Terán preferencia as mulleres do barrio, sexan ou non socias da asociación.

+info: PROGRAMA CURSOS

Logotipo cabecera