Ludoteca de Coia.
- Idades: de 7 a 12 anos.
- Horario: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. En vacacións escolares: de 8.00 a 16:00 horas.
- Liñas de autobuses: C3, C4A, C4B, C4C, C5, L10, 12A, C15A.
- Enderezo: Pavillón deportivo. Avenida de Castelao s/n. Vigo.
- Teléfono: 986 242 737.

Espazo de xogos:
Poñemos á vosa disposición varias salas acondicionadas para poder desenvolver unha morea de actividades no tempo de lecer. Tamén contamos co material imprescindible para o desenvolvemento destas actividades como mesas, cadeiras, estantes, taboleiros de cortiza, libros, xogos e xoguetes.
Actividades:
Mensualmente elaboramos unha programación con novas actividades para que poidades pasárvolo ben ó tempo que aprendedes.
Información e asesoramento: Facilitamos información sobre actividades e temas de ocio e tempo libre nas ludotecas. Tentamos facer unha atención personalizada polo que, dependendo do número e tipo de demanda, ás veces teremos que recorrer ó sistema de concertar citas previas.


A quen está dirixido
Para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos.
Como facelo

Presencialmente
Para formalizar a inscrición acudir coa solicitude cumprimentada e a documentación requirida ás ludotecas desexadas.




