NOVO HORARIO ESTADIO ATLETISMO DE BALAÍDOS

A Concellería de Deportes informou de que o concelleiro Manuel Fernández asumiu no verán a xestión directa das pistas e mantivo diversas reunións cos clubs usuarios habituais (Celta de Atletismo e Atletismo Feminino Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Comesaña Sporting Club e Atletismo Beade) para adecuar os horarios e o persoal municipal ás necesidades e intereses comúns. “Nestas semanas o edil tamén se entrevistou con diversos atletas para coñecer a súa opinión e necesidades”, sinalou o Concello nun comunicado.

Trala reunión mantida este venres coas entidades deportivas, das que escoitou diversas suxestións, e reunirse cos técnicos municipais para pechar o horario de funcionamento da instalación, Manel Fernández anunciou que as pistas abrirán un total de 49 horas e media de luns a domingo, con dous días de apertura matinal e vespertina (mércores e venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 22:30 horas), dúas datas de mañá (sábado e domingo, de 9:00 a 14:30) e tres xornadas de tarde (luns, martes e xoves, de 16:00 a 22:30).

+info: VIGOE

Logotipo cabecera