Obradoiro de Creación e Interpretación poética

O obradoiro  gratuito (8 horas) terá lugar no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2):

Creación de textos poéticos-4 h:

o luns, 28 e o martes, 29 de maio de 2018 de 18:00 a 20:00 (prégase puntualidade)

Lectura e interpretación-4 h:

o luns, 4 e o martes, 5 de xuño de 2018 de 18:00 a 20:00 (prégase puntualidade)

Para maiores de 16 anos!!!!

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade, teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro creación e interpretación)

Creación de textos poéticos (4 horas): repaso pola poesía oral galega, composición individual e colectiva de textos poéticos, procurar formas de creación, ideas e xogos para conseguir resultados na escritura automática e na improvisación oral de textos poéticos, etc.

Lectura e interpretación (4 horas): aprender técnicas e exercicios básicos para un quecemento vocal, tratar de dominar a expresión facial e corporal, ton e interpretación oral, etc.

 

+info: http://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos.php?id=3015&lang=gal#/

Logotipo cabecera