OBRADOIRO DE SLAM

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Slam, de 2’5 horas (impartido por Silvia Penas).

 

Obxectivos do obradoiro:

  • Saber e coñecer que é o Slam
  • Achegarnos á composición de textos propios: humorísticos, líricos, épicos, clásicos…
  • Ler e interpretar os textos poéticos
  • Educar a voz
  • Experimentar coa música

 

A participación neste obradoiro será para maiores de 16 anos e realizarase o martes 22 de maio no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2) de 18:00 a 20:30 (prégase puntualidade).

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro slam).

Obradoiro de Slam

 

Logotipo cabecera