Obradoiros inglés. Deputación

Contido: A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha tres obradoiros especializados en lingua inglesa, de 10 horas presenciais cada un, en horario de mañá ou de tarde, que se desenvolverán nas seguintes localidades:

  • Obradoiro para o turismo rural (19 e 20 de setembro en a Estrada de 9:30 a 15:00 horas)
  • Obradoiro para o termalismo (21 e 22 de setembro en Mondariz-Balneario de 15:30 a 21:00 horas)
  • Obradoiro para a restauración (26 e 27 de setembro en Tui de 9:30 a 15:00 horas)

O número máximo de prazas é de 12 por obradoiro.

Requisitos:

  • Ter entre 16 e 35 anos, ambos os dous incluídos
  • Estar empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra
  • Ter coñecementos mínimos de inglés nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Deberá ser acreditado achegando un certificado obtido nos últimos tres anos. No caso de non dispor desta acreditación, poderán ser beneficiarias dos obradoiros, sempre e cando superen a proba de nivel que o Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo realizará antes do inicio do obradoiro.

Inscricións: Do 06 ao 30 de Agosto, ambos os dous incluídos

Máis información: premer aquí

 

Logotipo cabecera