OBRADOIROS “SOS RACISMO GALICIA”

Dende SOS Racismo Galicia, convidannos a participar no obradoiro de “Mulleres do mundo: corpo común” e “Espazos comúns: empoderamento, sororidade e participación social” que se celebran dentro do marco do proxecto de “Muller musulmá na loita contra a islamofobia e participación social”.

 

O gran obxetivo deste proxecto céntrase no empoderamento e participación social das mulleres musulmás. Agora na terceira fase do proxecto deste ano pretenden abrir un espazo para xuntar ás mulleres musulmás coas que non o son pero lles interesa coñecer a elas e dialogar nun espazo de integración e solidariedade.

 

Estes obradoiros están abertos a todas as mulleres musulmás e inmigrantes,  coa preinscripción previa e, ás mulleres que non o sexan pola invitación de SOS Racismo, xa que temos un aforo limitado.

 

Logotipo cabecera