Información sobre Ocio e Tempo Libre

Carnés Xuv.

TRANSPORTES

TARXETA VITRASA

Tarxeta utilizada por estudantes e universitarios empadroados na cidade, que lles permite  beneficiarse dunha tarifa reducida,xa que está subvencionada polo Concello de Vigo na linea de transportes urbáns da empresa Vitrasa.

As dúas opcións que hai para mozos e mozas son:

Estudantes: Para estudantes de cursos en centros de Primaria, Secundaria e FP de Vigo.Para máis información prema aqui.

Universitarios: Estar matriculado durante o presente curso nunha Facultade ou Escola pertencente ao Campus Universitario de Vigo. Para máis información prema aqui.

CARNÉ XOVE

Tarxeta a disposición dos mozos e mozas galegos que ofrece descontos en medios de transportes de empresas colaboradoras en Galicia , este carné ademais está homologado cos que emiten o esto das comunidades autónomas e países de Europa polo que tamén pode ser utilizado en calqueira destes lugares,agás excepcións propias de cada lugar.
Os requisitos para solicitala son: ter entre 12 e 35 anos,realizar un pagamento en calqueira entidade bancaria de 6 euros presentando o DNI.
Entre as vantaxes están os descontos entre o 10% e o 20% nos alugueres de coches,motos e bicicletas e tamén autobuses ,trens e avións.
Para máis información prema aqui
.

CARNÉ ESTUDANTE INTERNACIONAL (ISIC)

Carné para estudantes maiores de 12 anos e sen limite de idade,que permite obter obter descontos en viaxes e transportes como Iberia,Alsa,ou Avis en España,ademais dentifica ao posuidor como estudante en calqueira parte do mundo.
O prezo é de 9 euros.Para adquirilo entra nesta páxina.
Para máis información prema aqui


OCIO E LECER


CARNÉ UNIVERSITARIO

Carné ou tarxeta que identifica aos estudantes universitarios e aos membros da comunidade universitaria e lles permite obter unha serie de descontos en lugares como bibliotecas,instalacións deportivas,cafetaría ou comedores universitarios ademais de descontos nas actividades organizadas polo servizo de deportes da propia universidade.

Para máis información prema aqui.

CARNÉ XOVE

Tarxeta a disposición dos mozos e mozas galegos, que ofrece descontos en diferentes ámbitos do lecer en Galicia(actividades de verán da Xunta,comercios,actividades de multiaventura,viaxes,museos,ximnásios..),este carné ademais está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa, polo que tamén pode ser utilizado en calqueira destes lugares,agás excepcións propias de cada lugar.

Os requisitos para solicitala son: ter entre 12 e 35 anos , realizar un pagamento en calqueira entidade bancaria de 6 euros presentando o DNI. Para máis información prema aqui

CARNÉ ESTUDANTE INTERNACIONAL (ISIC)

Carné para estudantes maiores de 12 anos e sen limite de idade,que permite obter obter descontos en viaxes,museos,teatros no estranxeiro,cursos…Identifica ao posuidor como estudante en calqueira parte do mundo. Para adquirilo entra nesta páxina.

O prezo é de 9 euros. Para máis información prema aqui.

CARNÉ DE ALBERGUISTA XUVENIL

Ofrece aos mozos e mozas a posibilidade de obter descontos e beneficios na rede nacional de albergues xuvenís de toda Galicia e España.Ademais ofrece descontos en museos,teatros,restaurantes e parques temáticos. Existen diferentes modalidades pero principalmente está o “xuvenil” enfocado a persoas menores de 30 anos. Para adquirilo prema neste enlace, e máis información.

CARNÉ DE VIAXES PARA A MOCIDADE ( IYTC)

Carné recoñecido pola Unesco como documento para a mobilidade xuvenil e permite a mozos e mozas menores de 26 anos obter descontos en transportes,restaurantes,tendas,sitios culturais,billetes de avión etc.

Para facelo precisase presentar o DNI e unha fotografía e o prezo son 6 euros. Para máis información prema aqui.

TARXETA DESCONTO CARREFOUR

Tarxeta desconto dirixida a mozos e mozas maiores de 18 anos e menores de 30, asi, ofrecen ofertas e descontos en viaxes dispoñibles na súa web e en toda a rede de oficinas de Viaxes Carrefour.

Máis Información prema aqui.

COMERCIO

TARXETA DESCONTO CARREFOUR

Tarxeta desconto dirixida a mozos e mozas maiores de 18 anos e menores de 30.Con esta iniciativa ofrecen descontos en compras de productos frescos, ademais de disfrutar de vantaxes adicionais no ámbito da telefonía móvil e un 8% nas gasolineiras. Poderán acceder a un descontos equivalente ao I.V.E e productos das diferentes seccións de alimentos frescos.

Máis Información prema aqui.

CARNÉ XOVE

Tarxeta a disposición dos mozos e mozas galegos que ofrece descontos en diferentes establecementos comerciais como: autoescolas,ópticas,xoierías,librerías,calzados,tendas de informática,tendas de deportes etc. Este carné, ademais está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa polo que tamén pode ser utilizado en calqueira destes lugares,agás excepcións propias de cada lugar.

Os requisitos para solicitala é ter entre 12 e 35 anos , realizar un pagamento en calqueira entidade bancaria de 6 euros presentando o DNI.
Para máis Información prema aqui.

o.

Logotipo cabecera