Información sobre Ocio e Tempo Libre

Entroido

PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE VIGO

Convoca: Concello de Vigo

Contido: Programación do Entroido en Vigo:

  • VENRES 5 : Entre as 18.00 e 20.00 horas haberá animacións de rúa na Porta do Sol e arredores ademais entronización do Meco, posteriormente concerto do grupo “Mojinos Escocíos”
  • SÁBADO 6: Ás 18.00 ,se o tempo acompaña levarase a cabo o desfile de comparsas e carrozas, que sairá da rotonda de Isaac Peral, atravesará Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol.

Ás 00.00 horas festa coa Orquestra Miramar.

  • DOMINGO 7: Carreira popular por diferentes rúas da cidade,ás 17.00 horas actuación da Gran Barafunda e chocolatada infantil dende as 18.00 horas.
  • LUNS 8: De 17.00 horas a 20.00 horas no vestíbulo do Auditorio Municipal, obradoiros infantís e concurso de disfraces categorías infantil individual e grupos individuais conxuntados.
  • MARTES 9: Nas dependencias municipais obradoiros infantís.No Auditorio Municipal de 17.00 a 20.00 horas a actuación de “ A maxia de Xabi”.Ás 17.30 concurso de disfraces para nenos.Queima do Meco ás 23.00 horas.A Orquestra Paris de Noia ás 22.00 horas e segundo pase ás 00.00 horas.
  • MÉRCORES 10: Ás 18.00 horas exéquias funerarias solemnes das comaprasas na Porta do Sol, acompañamento da comitiva por rúas da cidade e finalmetne sepelio do meco ás 19.30 horas.

Ademais de todo este programa e durante todos os dias haberá animación de rúa dende ás 17.00 horas en Principe e Porta do Sol, tamén estarán os “Merdeiros” facendo das súas no centro histórico pola mañán e pola tarde.

Máis Información: www.hoxe.vigo.org


ACTIVIDADES NENOS/AS


CAMPAMENTO VIGOZOO

Convoca: Concello de Vigo-vIGOZOO

Contido: Benqueridos/as amigos/as, dentro de moi pouco comezarán as festas de Entroido, e este ano, coma non podía ser doutra forma, repetimos o noso Club de Amigos de Vigozoo.

LOCALIZACIÓN
Instalacións educativas de Vigozoo

PREZO
Tres días completos: 15 euros

DATAS
8, 9 e 10 de febreiro de 2016

HORARIO
De 10:00 a 14:00 horas.
Con posibilidade de atención matinal dende as 8:00 e de recollida ata as 15:00.

DESTINATARIOS
50 prazas para participantes 6 a 12 anos de idade.

Con preferencia para participantes EMPADROADOS no Concello de Vigo.

Poderase levar comida da casa.

Non existe a posibilidade da comida na cafetería porque esta atópase pechada temporalmente.

INSCRICIÓN E PAGO
De forma telefónica ao teléfono 986 26 77 83 do luns 25 de xaneiro ao mércores 3 de febreiro, os días laborables en horario de 10:00 a 14:00 horas e os fins de semana en horario de 11:30 a 18:00 horas.

Máis Información:www.vigozoo.com


CAMPAMENTO ENTROIDO CANICOUVA

Convoca: CEIP Canicouva

Contido: Un ano mais o CEIP Canicouva e a súa anpa confían en Imaxina para organizar o seu campamento de Entroido .

Trátase dunha alternativa para os rapaces e rapazas e as súas familias durante as vacacións de Nadal. Levaremos a cabo un campamento urbano, logrando así unha boa conciliación da vida laboral e familiar mentres os nosos pequenos e pequenas gozan dunhas datas máxicas.

Este campamento está aberto a tódolos rapaces e rapazas que queiran asistir xa que non é imprescindible estar adscrito/a no centro educativo, poden acudir amigos/as, veciños/as, familiares, etc, soamente deben de estar en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

O horario será de  9:00h a 14:00h.

Para mais información ou reserva de praza:

671 251 896  // 671659204
ampapereiro@hotmail.com

CAMPAMENTO ENTROIDO ABERTAL
Convoca:Abertal

Contido: Os dias 8,9 e 10 de febreiro a asociación xuvenil Abertal organzia  as IV mañás de entroido para nenos e nenas de 3 a 12 anos,haberá xogos,deportes,obradoiros e animación á lectura.

Máis Información:www.abertal.og

CAMPAMENTO SEMENTE

Convoca: Semente Vigo

Enderezo: Dr.Corbal,102

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro para nenos e nenas en horario de 8.30 a 15.30 horas . Precio non socios 40 euros e 30 euros os socios.

Máis Información:651 191 352

CAMPAMENTO LA MONA CHITA

Convoca: La Mona Chita

Enderezo: Velázquez Moreno,5

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro en horario de 8.00 a 14.00 horas.O prezo por dia é de 25 euros e o prezo por 3 dias de 65 euros por neno/a.

Sorpresas,disfraces,música, maquillaxe..

Máis Información: 986112870

CAMPAMENTO A XOANIÑA VOADORA

Convoca: A Xoaniña voadora

Enderezo: Martin Echegaray,10

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 (con posibilidade de 8.30 a 15.00 horas).O prezo por dia é de 18 euros e o prezo por 3 dias de 45 euros por neno/a.

Sorpresas,disfraces,música, maquillaxe..

Máis Información: 986112870

 CAMPAMENTO “ENSÍNAME”

Convoca: Lingua Mania

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro para nenos e nenas en horario de 10.00 a 14.00 horas (con posibilidade de entrar ás 8.30 horas.Actividades relacionadas co entroido american e as verbenas con manualidades,xogos etc..todas as actividades en inglés.O prezo da actividade é 50 euros.

Máis Información:886 319 051

CAMPAMENTO TATARINA

Convoca: Tatarina

Enderezo: Camilo Veiga,28.Bouzas

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro en horario de 7.45 a 16.30 horas .O prezo por dia é de 12  euros, o prezo por 2 dias de 22  euros  e por tres dias 30 euros por neno/a.

Sorpresas,creación,caretas e disfraces..

Máis Información:986 121 059

CAMPAMENTO SEISPOROITO

Convoca: Sociedade Cooperativa Galega.

Enderezo: Praza de Miraflores,1.Sárdoma

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 9.00 a 14.00 horas (con posibilidade de entrada ás 7.45 e saida ás15.30 horas) .O prezo por dia é de 12  euros, o campamento completo son 30 euros.

A actividades a desenvolver son: xogos tradicionais,obradorios musicais,creación de máscaras,maquillaxe de entroido,aula de danza,pádel e moitas sorpresas..

Máis Información:699 231 248 // 610 317 502
CAMPAMENTO C.C. TRAVESÍA

Convoca: Centro Comercial Travesía de Vigo

Enderezo: Travesia de Vigo

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro para nenos e nenas de 4 a 12 anos, en horario de 9.00 a 15.00 horas .O prezo por dia é de 12  euros,por hora 2 euros e os tres dias 25 euros.

Actividades de lecer con unha hora de inglés.

Máis Información:986 277 908

CAMPAMENTO GLOBAL PROJECT SCHOOL

Enderezo: Eduardo Iglesias,8

Contido: Campamento organizado os dias 8,9 e 10 de febreiro para nenos e nenas de infantil e primaria , en horario de 11.30  a 13.30 horas . Actividades de lecer  axudados por profesorado nativo onde os alumnos poden participar en actividades como cancións,contos,xogos,representacións teatrais.Prazas limitadas.

Máis Información:986 220 670

CAMPAMENTO COLEXIO CHOUZO

Convoca: Colexio Chouzo

Contido: Campamento para nenos e nenas dende 4º de infantil a 6º de primaria os dias 8,9 e 10 de febreiro en horario de 7.45 a 16.00 horas.

Faranse dous grupos con programas diferentes: ximcanas de piratas,obradoiros de cociña,manualidades,maquillaxe etc.

Poden asistir nenos e nenas que non pertenzan ao colexio.

Máis Información: www.cocofante.es // 665 990 515

CAMPAMENTO DE ENTROIDO NENOOS
Convoca: Nenoos
Enderezo:Joaquin Lóriga,13
Contido:Actividades de entroido para nenos/as con obradoiros de diferentes tipos en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Máis Información: www.nenoos.es // 654712001

CONCERTOS

CONCERTO-PREGÓN DOS MOJINOS ESCOCIOS

Convoca: Concello de Vigo

Contido: O dia 6 de febreiro con motivo da presentación do entroido vigués o grupo sevillano Mojinos Escocios  as 20.00 horas darán o pregón e posteriormente un concerto de entrada gratuita na Porta do Sol.

CONCERTO ORQUESTRA MIRAMAR
Convoca: Concello de Vigo
Contido: Concerto da Orquestra Miramar ás 00.00 horas na Porta do Sol.

CONCERTO ORQUESTRA PARIS DE NOIA

Convoca: Concello de Vigo
Contido: Concerto da Orquestra Paris de Noia nun primeiro apse ás 22.00 horas e nun segundo apse ás 00.00 horas.

OUTROS


FESTA DE DISFRACES PARA MASCOTAS
Convoca: Sala Ártika

Enderezo:Avda. Beiramar,113.

Contido: O dia 7 de febreiro ás 18.00 horas na Sala Ártika vaise organizar unha festa onde os protagonistas van ser as mascotas (cans e gatos) e tamén as protectoras de animais.

Poderase disfrutar de desfiles de cans e gatos en adopción, actividades apra nenos/as e haberá premios para as mascotas cos mellores disfraces.

Atoparedes ademais mesas informativas das protectoras de animais participantes na festa.

O prezo da entrada é de 2 euros e é indispensable ir disfrazados.

Máis Información: http://www.artikavigo.com/

Logotipo cabecera