Información sobre Ocio e Tempo Libre

Lúdicos

Cursos de música

Convoca: Música La Carta

Contido: Clases de música no centro de Vigo.Infórmate sobre instrumentos,arranxos,armonía e improvisación.Tamén aulas de canto.

Máis Información: 629043426 // 609279545 (canto)// vigocarta@gmail.com

Curso Contacontos para adultos

Convoca: Libros para soñar

Contido: A librería especializada en literatura infantil 2Libros para soñar” organiza un curso de “A Arte de contar contos”.

Imparte: Bea Campos

Datas: 24,25,26 E 27 de outubro.

Horario: de 17.00 a 20.00 horas.

Prezo: 45 euros.

Máis Información: 986433768

 

Obradoiro de cosmética natural

Contido: Obradoiro de cosmética natural no que se realizaran cremas e labiais personalizados, remedios para contusións e aceites para queimaduras,entre outros. Dito obradoiro realizarase no local Xaruma o día 19 de novembro en horario de mañá, de 10 a 14 horas. A aportación será de 19E para socios/as e de 21€ para non socios/as.

Para máis información ou inscricións dirixirse o link http://www.xaruma.org/evento/271_eventosxaruma.html  ou nos teléfonos de contacto 986127949 ou 698142158.

Obradoiro vivencial con cabalos

Convoca: Terapia Contacto

Contido: O 22 de outubro se organzia un obradoiro vivencial con cabalos de 11.00 da mañán a 13.30 horas.

Terá lugar nas instalacións de cabalos de Cima de vila en Fornelos de Montes.

O prezo é 15 euros.

Prazas limitadas por riguroso orde de inscrición.

En caso de chuva cambiarase de dia.

Máis Información: 605227964 (Laura) // 600840619 (Cristela)

 

Obradoiro de musicoterapia

Convoca: Asociación de Redes de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.

Contido: Obradoiro de musicoterapia todos os xoves dende o 29 de setembro ata o 1 de decembro en horario de 18.00 a 21.00 horas.

O obradoiro vaise levar a cabo na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello na rúa Oliva,12.

Prezo de 6 euros.

Máis Información: 986 222 328 // 67004530431

 

Curso de Graffiti

Convoca: Concellería de Igualdade

Contido: Curso de graffiti organizado pola Concellería de Igualdade dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Horario: de 19.00 a 20.30 horas

Dias: Todos os luns e mércores do 10 ao 31 de outubro.

Lugar: Casa das Mulleres.

Haberá 4 sesións prácticas de 4 horas de duración aproximada cada unha de elas e lugares que determinará a organización.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Daráselle prioridade as persoas empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.

As inscricións formalizaranse na Concellería de Igualdade (1ª pranta do Concello en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Máis Información: 986 810 284

Obradoiro de Improvisación teatral

Convoca: Concello de Vigo e Concellería de Normalización LingÜística

Contido: A Concellería de Normalización Lingüística organiza un obradoiro de improvisación teatral de 28 horas.

O obradoiro terá lugar os dias 18 e 25 de outubro, o 8,15,22 e 29 de novembro, 13 e 20 de decembro entre ás 17.00 horas e 20.00 horas no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo,2).

Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snligo.org

Curso de Língua de signos española

Convoca: AZ Formación.

Contido: AZ Formación oferta cursos en língua de signos española dirixido Estudantes, profesionais do ámbito educativo e social, técnicos da administración, sanitarios, terapeutas ocupacionais, monitores de ocio e tempo libre , profesionais do ámbito artístico, e todas aquelas persoas interesadas en aprender una segunda lingua que aporta interesantes recursos para a comunicación

Niveis , horarios e prezos

-Básico  40 horas (Outubro –Decembro)

  • Martes e Xoves de 19:30 a 21:30
  • Martes e Xoves de  9:15 a 11:15

Prezo 126 € (posibilidade de pago fraccionado en tres cotas) Matrícula gratuíta.

Data de inicio :Martes 11 de outubro

-Iniciación (A1-A2) 120 horas (Outubro- Maio)

  • Martes e Xoves de 19:30 a 21:30
  • Martes e Xoves  de  9:15 a 11:15

Prezo 43 €/mes. (Matrícula gratuíta)

Data de inicio :Martes 11 de outubro

Obradoiros de perfeccionamento e conversación.

  • Venres en diferentes horarios de 18: 00 a 21:00

Consultar horarios e prezos por grupo. Trato persoal e asesoramento individualizado atendendo as necesidades e intereses do alumnado

Data de inicio :Venres 4 de Novembro

*Prazo límite de inscrición 7  de Outubro.

Máis Información: 986 137 587/  656 830 810

Email. hola@azlenguadesignos.es

www.azlenguadesignos.es

 

 

 

Cursos Espacio Simia

Convoca: Simia Espacio

Contido: Simia Espacio organiza como cada ano unha nova proposta de cursos.Entre as novas propostas están: caracterización e efectos especiales en maquillxe,técnica vogal grupal,ilustracióndixital,microteatro,cociña vegana,edición de vídeo,coro Show,Tattoo,improvisación teatral,dibuxo para comic,maquetación web,guitarra,ioga,guión para cómic y after effects.

Cursos para todas as idades e diferentes prezos,todos eles dirixidos por diferentes profesionais no tema.

Máis Información: www.simiaespacio.com

 

Curso conducción segura

Convoca: Dirección Xeral de Xuventude

Contido: A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.

Destinatarios:

Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.

Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Lugar de realización:

Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL

Plataforma de Estacionamento nº 2

Polígono Industrial de Teixeiro

15310 Teixeiro – Curtis (A Coruña).

Datas de realización:

  • 23, 24, 25 e 30 de setembro de 2016
  • 1 e 2 de outubro de 2016

Programa, normas e horario de desenvolvemento da actividade:

O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.

O curso é gratuíto.

O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante.

Para máis información:

subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

Teléfonos: 981 54 58 22 e 981 545 937

Monográficos no teatro Aforo

Convoca: Teatro Aforo

Contido: O teatro Aforo convoca diferentes cursos monográficos de teatro no se local de Vigo.

Os monográficos son:

-introducción á interpretación

-habilidades comunicativas con técnicas teatrais.

-teatro dos sentidos

-improvisación e xogo dramático

As datas de realización son do 19 ao 23 de setembro nos dous primeiros e do 26 ao 30 de setembro nos dous últimos.

Todos os cursos realizaranse de 17.00 a 21.00 horas.

Prezo: 80 euros.

Máis Información:625372883 //686040777

 

Obradoiro de teatro

Convoca: Deputación de Pontevedra

Contido: Un ano máis ofertamos un curso de 30h da Deputacion de Pontevedra.

Este ano será de Iniciación o teatro!

Comezamos o día 21 de setembro, mércores, e será todos os mércores ata o 14 de decembro de 19h a 21.30h na Casa das Mulleres.

Temos poucas prazas, escríbenos canto antes co teu nome completo, DNI e tlf de contacto! ó correonosmesmas@felgtb.org

O coste son 6€ para socias e 26€ non socias (20€ corresponden a cuota de socia mínima anual, sen ningún tipo compromiso de permanencia pero é requisito que ás participantes sexan socias)

Obradoiro de musicoterapia

Convoca: Centro Municipal de Distrito

Contido: Todos os xoves dende o 29 de setembro ao 1 de decembro en horario de 18.00 a 21.00 horas na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva,16)

O prezo da actividade é de 6 euros.

Máis Información: 986 22 23 28 // 6704534031

Curso de escritura creativa

Convoca: Concellería de Normalización Lingüística

Contido: Curso de escritura creativa par adultos organizado pola Concellería de Normalización Lingüística e impartido pola escritora Clara do Roxo.

Haberá dous niveis:

– nivel 1: 1,3,10,17,24 de outubro

-nivel 2: 31 de outubro,7,14,21 de novembro

En horario de 18.30 a 21.00 horas.

Lugar: Centro Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva,12)

Máis Información: claradoroxo@mail.com

Obradoiro de Cine

Convoca: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Contido: PRAZO ABERTO DE INSCRICIÓN

Con este obradoiro pretendemos facer un achegamento entretido a un dos xéneros máis carismáticos e imaxinativos do cine e a literatura. Por unha banda ten como finalidade romper certos prexuízos e, por outra, aprender a camiñar -cautelosamente- a través dun universo impregnado por unha maxia moi especial e no que pasaremos moitísimo medo!
En palabras de H.P. Lovecraft: “O medo é unha das emocións máis antigas e poderosas da humanidade, e o medo máis antigo e poderoso é o temor ao descoñecido”

20, 22, 27 e 29 de setembro (martes e xoves)

Horario: de 18.00 a 20.00 h

Para: Público adulto, a partir de 16 anos.

inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico abpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Obradoiro de Corpo en Consciencia

Convoca: Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.

Contido: Os mércores de 17.30 a 20.30 horas no Centro de Visitantes do PNMTIAG (Edificio Cambón).Rúa da Palma,4.

Impartido por Pilar Lorenzo

Máis Información: 986 223 328 // 670453 431

Obradoiro de Edición fotográfica

Convoca: Fernando Laconde

Contido: Obradoiro de Edición fotográfica

Duración: 20 horas. Oito clases de dúas horas e media.

​Periodo: Outono​

-comezo en setembro-

​Cada alumno traballa co seu ordenador e programa​

O obradoiro ten un cupo máximo de tres persoas!!!

Para máis información e contacto:
info.laconde@gmail.com,
697 35 08 36

Logotipo cabecera