Información sobre Ocio e Tempo Libre

Ocio Xuvenil

ESPAZOS DE ENCONTRO NA CIDADE DE VIGO
Os  espazos para mozos e mozas na cidade de Vigo son lugares de promoción social, nos que mediante un espazo relacional e unha dinamización sociocultural,promoven a plena cidadanía da mocidade,ademais tamén poden servir como altafonante das súas iniciativas e opinións.

Estos espazos ofrecen numerosos servizos como espazos de encontro,salas polivalentes onde se levan a cabo programas e actividades que se orientan a participación e disfrute dos mozos e mozas no seu tempo libre.

ESPAZOS DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE

CASA DA XUVENTUDE E PUNTO XOVE

A Casa da Xuventude (rúa LópezMora,31)  conta con un espazo de encontro no terceiro andar onde os mozos e mozas poden participar en diversas actividades,facer uso das novas tecnoloxías ou participar en obradoiros creativos.
Conta cunha sala polivalente de acceso libre onde os mozos e mozas da cidade poden pasar un tempo divertido cantando no karaoke,xogando ao futbolín e xogos de mesa e ordenador variados ou tamén participando nalgúns dos obradoiros que se organizan dende a propia Concellería (kit de supervivencia para mozos/as,calceta,ganchillo,paquetería de Nadal,maquillaxe de Samáin,origami..etc.),tamén contamos con publicacións e revistas de interese para a mocidade.
Ademáis, tanto na Casa da Xuventude como no Punto Xove( rúa López de Neira,27), hai cesións de salas para apoio a iniciativas xuveniles e colectivos de xovenes e tamén a disposición de quen o precise,sempre previa reserva.

  • O horario de Casa da Xuventude: de 17.00 a 20.30 horas de luns a venres, e sábados de 10.30 a 13.30 horas.
  • O horario do Punto Xove de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 de luns a venres e sábados de 10.30 a 13.30 horas.

Para máis información preme neste enlace.

VIGOSÓNICO
Vigosónico é un espazo da Concellería de Xuventude pero neste caso concreto está adicado a temática musical e a xuventude viguesa.
Está ubicado no Parque Tecnolóxico de Valadares, conta cun gran equipamento en relación a locais de ensaio, salas multiusos e zona de lecer e onde os mozos e mozas poden estar.

O enderezo é Carretera del Portal s/n e o horario é de martes a domingo de 16.00 a 22.00 horas.

Para máis información preme neste enlace.


ASOCIACIÓNS XUVENÍS
Na cidade de Vigo existen un gran número de asociacións que traballan con mozos/as, por e para eles,desenvolvendo numerosas actividades  e nalgún caso específicas dalgunha temática en concreto.
Se consultades este enlace atoparedes os contactos das asociacións xuvenís da cidade.
ACTIVIDADES NO MÉDIO NATURAL
 
A motivación principal da mocidade é a realización de actividades turísticas e de lecer en espazos naturais,así, o turismo activo,o de aventura ou os deportes de aventura son actividades recreativas ao aire libre (con ou sen obxectivos económicos).
Entre as actividades que se atopan dentro desta definición son: montañismo,escalada,espeleoloxía,kayak,barranquismo,descenso de rios,buceo,paracaidismo,sendeirismo,paintball,windsurf,ciclismo etc.
En Vigo existen algunhas opcións para disfrutar destas actividades nos espazos abertos:
PROGRAMA CAMIÑO A CAMIÑO
Programa de educación medioambiental desenvolvido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo, o programa de actividades  levanse a cabo entre marzo e xuño.
É un programa que combina os percorridos medioambientais como sendeirismo,viaxes en goleta,actividades de rafting etc.
Todas son actividades divulgativas e tamén formativas coa finalidade de que os habitantes da cidade coñezan un pouco máis o entorno no que viven.
O requisito principal é estar empadroado en Vigo.Para máis información preme neste enlace

SERVIZO DE DEPORTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO


O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo oferta cada curso unha serie de actividades deportivas extremas e a realizar en diferentes periodos do ano, concretamente entre maio e xuño.
Entre as actividades que levan a cabo están as seguintes
  1. Programa Delecer: Actividades relacionadas co aire como pontismo,paracaidismo e parapente.
  2. Programa Augaventura: Todas as actividades se levan a cabo nun médio acuático como mergullo,surf,vela,descenso de rápidos.
  3. Viaxes á neve: Concretamente en estacións de esquí para practicar esquí e snowboard.
  4. Xeocaching: Procura de tesouros agochados en diferentes entornos.Máis Información preme aqui
  5. Rutas culturais: O obxectivo é descubrir a pé algúns dos lugares con máis encanto da paisaxe galega.Máis Información preme aqui.
O requisito principal para participar é formar parte da comunidade universitaria ou ser convidado por un membro universitario.

Para ampliar máis información sobre estas actividades preme neste enlace.

PROGRAMA ACCIÓN DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA
A Consellería de Traballo e Benestar da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado leva a cabo a promoción e organización de actividades no ámbito do lecer e tempo libre (campamentos,actividades de lecer e campos de traballo)
Este programa pretende a convivencia entre os participantes galegos e tamén da Galicia exterior.
Os destinatarios son mozos/as de 18 a 30 anos e as actividades tanto deportivas como culturais lévanse a cabo entre os meses de xullo e agosto, en diferentes lugares da xeografía galega,no resto da península e o estranxeiro.
Para ampliar máis información prema neste enlace

 MULTIAVENTURA EN PONTEVEDRA
Hai dous ecoparques na provincia de Pontevedra na que os mozos e mozas poden disfrutar ao aire libre de diferentes actividades.Estes ecoparques son:
  1. ECOPARQUE DE MARIN.
  2. ECOPARQUE DA ATALAIA.

Para ampliar máis información preme neste enlace.

Aparte de todas esas opción anteriores existen empresas privadas que organizan diferentes actividades para grupos,se queres consultar información preme neste enlace.

ACTIVIDADES ANUAIS EN VIGO PARA A MOCIDADE
 
FESTIVAIS
A cidade de Vigo acolle unha serie de citas anuais coa música de todo tipo, e enfocadas a todo tipo de públicos, pero especialmente á mocidade viguesa.
Entre os festivais que se levan a cabo están:
  • FESTIVAL ALT: O festival alternativo das artes escénicas de Vigo é unha oportunidade para disfrutar de espectáculos das mellores compañías nacionais e locais de danza aérea,improvisación,teatro,performances etc. Desenvólvese no mes de marzo e, en diferentes emplazamentos como Museo MARCO ou o Auditorio Municipal.O prezo das entradas ronda os 5 euros. Para máis informaciónpreme aqui.
  • FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL: Festival onde se intercambian danzas de diferentes paises do mundo coa nosa danza tradicional galega. Lévase a cabo durante 6 dias na primeira semana de agosto en distintos barrios da cidade, e o gran acto central  como peche do festival celébrase no Auditorio Mar de Vigo. A entrada é de balde.
  • FESTIVAL SINSAL:Festival referente da música en España, xa que convoca ao mellor da vangarda sonora do panorama nacional e internacional, asi de este modo concentra na cidade o máis innovador en canto as novas tendencias musicais actuais. As propostas dos concertos, están repartidas en salas cunha acústica coidada como o Teatro Afundación,MARCO,Museo do Mar ou o Auditorio Mar de Vigo. O festival dado seu exito exténdese a outras localidades de Galicia como por exemplo á Illa de San Simón, que ven resultar ser unha das citas máis suxerentes, xa que hai que ir en barco e os concertos son ao aire libre. Para máis información preme aqui.
  • IMAXINASONS: Festival de jazz que ten unha duración de dúas semanas no mes de xuño,con actuacións de jazz en salas de concertos da cidade como o MARCO , tamén ao aire libre e no Auditorio Mar de Vigo. A maioría das actuacións son gratuítas ou a prezos populares (5 euros). Ademais o festival se completa con obradoiros,pasarrúas,seminarios e promoción de novos valores do jazz local e tamén das escolas de jazz da cidade. Para máis información preme aqui.
  • O MARISQUIÑO:Cita coa cultura urbana de Vigo con actividades como

    skate,graffities,Break dance…Lévase a cabo todos os segundos fin de semana de agosto. Hai afeccionados e profesionais do skate e as acrobacias a dúas rodas.Está considerado o maior festival de cultura urbana do norte de España.O festival é gratuíto. Para máis información prema aqui.

  • SON DE VIGO: Festival de novos talentos de música na cidade, ademais de ser un programa alternativo do programa de festas e, lévase a cabo a principios de agosto. Ofrece a oportunidade aos xóvenes valores das bandas viguesas de actuar nos escearios máis importantes como a Praza da Constitución ou o Auditorio Mar de Castrelos. O prezo da entrada é de dous euros.Para máis información prema aqui.
SALAS DE CONCERTOS
En Vigo existen un grande número de salas de concertos, espazos de ocio nocturno adicados á música en directo no mesmo centro da cidade.Por estas salas teñen pasado dende grupos noveles ata bandas xa recoñecidas no panorama musical internacional.
Para consultar un listado das salas de música en directo na cidade preme aqui.

FESTAS E EVENTOS

Na nosa cidade, cada mes do ano celébranse unha  infinidade de eventos dos que a mocidade de Vigo pode ser partícipe, entre os máis destacados están:
  • Celébranse “Cantos e danzas de Reis” no Casco Vello (xaneiro)
  • Feria de artesanía “Ofeitoamán”(xaneiro)
  • Instálase unha “pista de xeo” en diferentes lugares da cidade (xaneiro)
  • Circuito teatral por barrios “Vigo a escea”(marzo,abril,maio e xuño)
  • Festividade da Reconquista de Vigo (marzo)
  • Festa da “Brincadeira” en Bouzas. (abril)
  • Galiexpo Motor Show no IFEVI (abril)
  • Festa dos “Maios” (maio)
  • “Batalla das Flores” (maio)
  • Día das “Letras Galegas” (maio)
  • Festividade de San Xoán,fogueiras por todos os barrios de Vigo. (xuño)
  • Festas da Consolación en Coia (xullo)
  • Festas de Bouzas (xullo)
  • Festas da Guía (xullo)
  • Semana Grande de Vigo e Festas do Cristo da Victoria (agosto)
  • Festival “Revoltallo da Música Emerxente” en Valadares (agosto)
  • Festas de San Roque (agosto)
  • Magostos populares polos barrios de Vigo (novembro)
  • Expogalaecia no IFEVI (novembro)
  • Pasarela de Xóvenes deseñadores no IFEVI  (novembro)
  • Festa de Fin de Ano na Praza de América (decembro)
SALAS DE CINE
  1. GRAN VÍA CINES: C.C.Gran Vía,baixada ao Castaño,s/n.Máis Información preme aqui.
  2. YELMO CINES VIGO: C.C. Travesía de Vigo,202.Teléfono 902 110 922. Máis Información preme aqui.
  3. CINES PLAZA ELÍPTICA 3D : Praza Francisco Fdez. del Riego.Máis Informaciónpreme aqui.
  4. MULTICINES NORTE: Via Norte,22.Máis Información preme aqui.
  5. CINE CLUB LUMIERE:Proxeccións no Auditorio Municipal da Praza do Rei.Teléfono: 685 630 654.Máis información preme aqui.
  6. CINE SALESIANOS:Rúa Venezuela ,3.Teléfono:986 43 51 50.Máis infomación preme aqui.
SALAS DE EXPOSICIÓNS
Na cidade de Vigo podemos atopar museos,fundacións artísticas,varias salas de exposicións permanentes e temporais que ofertan interesantes propostas artísticas.

Podedes consultar o enlace.

SALAS DE TEATRO ALTERNATIVAS

  • TEATRO ENSALLE:Rúa Chile,15.Máis Información preme aqui.
  • TEATRO ARTE LIVRE:Rúa Vázquez Varela,19.Máis Información preme aqui.
 

APPS DE INTERESE

 
  • ORQUESTAS DE GALICIA: A mellor información no móvil para as festas en Galicia,datas,lugares onde van actuar e indice. Para máis información preme aqui.
  • PANORAUDIO:Audioguía para compartir e subir información en audio. Para máis información preme aqui.
  • XEOCACHING:Deporte e aventura na que a finalidade é atopar obxectos agochados en cada rincón de Galicia. Para máis información preme aqui.
  • CARTELEIRA DE CINE: Para máis información sobre cines,películas,horarios.. preme aqui.
  • VIGO´S NIGHT:Se queres coñecer os locais nocturnos de Vigo preme aqui.
Logotipo cabecera