Información sobre Ocio e Tempo Libre

Viaxes Extranxeiro

Cando saímos de viaxe a nosa pretensión e disfrutar de dias de lecer pero a viaxe sempre vai depender do diñeiro, da compañía ou do destino que máis se axusta ao noso gusto, e que o disfrutedes con máis ou menos intensidade, e máis aun se se visita un pais extranxeiro.
Dende esta páxina non vamos desvelar todos os segredos para organizar unha boa viaxe senon ofrecer pistas de como facelo , buscando as opcións máis baratas e de modo máis cómodo,propoñendo ademais outras alternativas de facer turismo.
PLANIFICAR

En primeiro lugar hai que escoller onde queremos ir,por canto tempo e que tipo de viaxe queremos realizar, pero para todas estas cuestións hai que ter en conta o presuposto co que contamos.Nunha viaxe sempre pode xurdir unha complicación e non está de maís prevelo.

DOCUMENTACIÓN

Recomendamos neste apartado non deixar para última hora o trámite da documentación que se vai precisar para a viaxe ao estranxeiro, e unha vez escollido o destino tramitalos canto antes para non atoparnos con problemas de última hora.

É importante ter en conta que se viaxades indocumentados non poderedes inscribirvos en campings,albergues,hoteles etc. nen sequera sair da nosa fronteira asi que, levar sempre o DNI ou pasaporte evitará situacións desagradables.
Entre os documentos que non deben faltar están:
  • DNI: Importante antes de sair de viaxe comprobar que non esté caducado nin antes,nin durante a viaxe.Para a renovación hai que acudir en Vigo á Comisaría de policia na rúa López Mora,39. Para máis información preme aqui.
  • PASAPORTE: Documento obrigatorio se viaxas ao estranxeiro,agás nos paises da Unión Europea ou como Mónaco e Andorra. Para facelo en Vigo podedes acudir á oficina de pasaportes na rúa Luis Taboada,3 ou na Comisaria de policia na rúa López Mora,39 en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para máis informaciónpreme aqui.
  • VISADO: É un requisito de entrada  imprescindible ao longo do mundo enteiro, cada pais ten a súa particularidade polo que vos recomendamos consultar as embaixadas,consulados e memo axencias de viaxes.deben levarse a cabo unha serie de trámites que poden levar tempo,polo que convén realizalos con bastante antelación.Para máis información preme aqui.
  • SEGUROS: Para ir prevenidos de viaxe,para calqueira enfermedade ou pequeno accidente que suframos se viaxamos por Europa debedes levar a Tarxeta Sanitaria Europea que vos permitirá recibir asistencia médica como se estiverades en España. Para o resto do mundo hai que facer un seguro privado, e para visitar certos paises é obrigartorio ou recomendable vacunarse. A información sobre estas cuestións as atoparedes aqui.
CONSELLOS LOW COST

MÉDIOS DE TRANSPORTE

Hai que escoller con coidado o médio de transporte,hai varias alternativas como:

AUTOBÚS

Dende Vigo hai varias compañias de autobuses que unen nosa cidade con outros lugares no estranxeiro.Máis Información preme aqui

AVIÓN
En Vigo hai un aeroporto que comunica a cidade con outros destinos principalmente españois, pero tamén ten unha conexión con Paris.Máis Información preme aqui.
Ademais tedes a opción de desprazarvos a dúas cidades moi próximas a Vigo (Santiago de Compostela e Oporto)onde si atoparedes opcións de viaxar a diferentes destinos do mundo de modo económico.

Dende Santiago de Compostela e Oporto operan compañias de baixo custo como:

TREN-INTERRAIL

O billete Interrail é un billete persoal,que permite viaxar en trens de todos os países de Europa,é un modo moi popular entre a mocidade e é unha opción ideal para  coñecer Europa,culturas e buscar aventuras.
O prezo varia según as modalidades do billete(One Country Pass,Global Pass,Flexi ou continuo) e da idade do usuario.
O Interrail ofrece a posibilidade de viaxar os días que ti queiras, planificar,deseñar ou improvisar o recorrido de modo económico,hospedándose en albergues,campings ou hoteis.
É un billete de tren que podes mercar en calqueira estación de trens de longo recorrido, por internet (www.renfe.com ou www.eurailgroup.org) ou por axencias de viaxes.
En ningún caso é valido para teu pais de orixe.

Os paises Interail,tanto o One Country Pass como o Global Pass resultan moi rentables para recorrer Europa.O Interrail One Country Pass é perfecto para centrar a viaxe nun só país; co Interrail Global Pass (válido en 30 países) podes circular libremente no tempo estimado por calqueira pais de Europa.

Existen unha serie de excepcións como por exemplo co custo das reservas ou suplementos non están incluídos no prezo do pase Interrail como os trens de alta velocidade,coches cama ou trens nocturnos.
Os titulares do Interrail Global Pass teñen dereitos a unha serie de descontos adicionais.
Para obter información máis completa preme aqui
RECOMENDACIÓNS PARA A VIAXE
A MALETA

As maletas poden complicar moito a viaxe.teñen que estar organizadas de tal modo que non falte nen sobre nada,sempre tendemos a meter nelas mási dos imprescindible,esquecendo as veces o esencial.Non hai que levar nen peso nen obxectos innecesarios.

COMIDAS

Para facer unha viaxe o máis barata posible para comer  hai que decantarse por menús baratos,se vamos a un apartahotel ou apartamento podemos mecar productos frescos e cociñar na casa(polo menos ceas e almorzos),ainda que recomendamos non marchar do lugar sen  adicar unha pequena partida do presuposto para probar algun prato típico do lugar.Hai que ter coidado se sodes alérxicos a algún alimento sobre todo en paises exóticos ou nos que se condimente moito na cociña.

DIÑEIRO

Se saídes da zona Euro ou se vades ao Reino Unido,América,Africa ou Asia,tedes que levar a moeda oficial do pais.Antes da viaxe debedes informarvos de cal e esa moeda,seu valor frente ao euro, e se debemos cambiala en España ou a chegar ao destino.Hai moedas que son dificiles de conseguir, polo que tedes que solicitalas con bastante antelación.Hai unha cantidade limitada.Podes ir máis seguro utilizando tarxetas de crédito,iso si, teñen unhas comisión moi altas por este servicio polo que debedes negociar antes de sair fora de España para coñecer as condicións.

COMPRAS E SOUVENIRS

A todos nos gusta mercar algún recordo do lugar por onde vamos,podemos incluír este gasto a hora de planificar a viaxe,pero non é aconsellable deixarse levar polo impulso do momento e mercar cousas inútiles,que resulten demasiado pesadas ou voluminosas.

TELÉFONO
O prefixo para as chamadas internacionais dende calqueira país da Unión Europea é 00.
Podes utilizar o teu teléfono móbil en toda Europa e en outras partes do mundo grazas á norma técnica GSM da Unión europea.Antes da viaxe debedes consultar a súa compañía teléfonica para asegurarse de que teu mobil está preparado para a itinerancia (roaming) internacional.
Chamar co teu móbil dende o estranxeiro agora é máis barato grazas a un novo regramento  comunitario que introduce a “eurotarifa” pola que se fixa o límite máximo para o coste das chamadas internacionais co teléfono móbil.
 
ALOXAMENTO

En función do presuposto e da carestía do país de destino,escolleremos a mellor opción . É recomendable antes de escoller telo localizado e saber se está ou non alexado do centro porque iso pode influir a hora dos gastos.Entre as opcións que existen as máis baratas son:

CAMPINGS

É un dos sistemas de aloxamento máis baratos,se clasifican en diversas categorías,segundo os servizos que ofrecen e a súa localización.
Para máis información preme aqui.

COUCHSURFING OU HOSPITALITY CLUB

Ambas son opcións boas para aforrar bastante diñeiro e son ademais unha boa opción para os máis atrevidos.Son redes sociais gratuitas que buscan aloxamento en casa de autóctonos en calqueira lugar do mundo. Ademais ofrece a posibilidade de facer novos amigos,compartir actividades e practicar a lingua de cada pais. O único recomendable ainda que non obrigatorio é levar un detalle a persoa que te acolla. O mellor de esta opción é que ademais de viaxar e coñecer mundo podes facer unha inserción total e coñecer nova xente.

Para informarte máis sobre o “couchsurfing” preme aqui.

Para informarte máis sobre “hospitality club” preme aqui.

ALBERGUES

Son un tipo de aloxamento económico que nada ten que envidiarlle a algúns hostais e hoteis.Iso si, habitualmente son habitacións múltiples e con baño compartido. Existe outra opción que son habitacións privadas con baños privados (con prezos máis elevados que a opción anterior). No prezo inclúen o almorzo.Hai dous tipos de albergues:

  • Albergues asociados a Hostelling International (rede internacional de albergues xuvenís) que engloba as distintas asociacións nacionais de albergues xuvenís, neste caso é obrigatorio identificarse como membros da rede portando o “carné de alberguista”.Máis información preme aqui.
  • Albergues Independientes ou hostales de xuventude que son establecementos similares aos anteriores en canto a normativa,prezos e tipo de instalación,iso si, non é necesario ter o carné de alberguista internacional xxa que non pertencen a ningunha rede de albergues xuvenís.Máis información preme aqui.
En ambolos dous casos os prezos dependen do pais e do tipo de habitación e oscilan entre os 10 e 25 euros por persoa e noite,é recomendable reservalos previamente por internet xa que nos meses de verán están moi solicitados.
BREAK&BREAKFAST
É outra opción de aloxamento moi económico en paises europeos,este tipo de aloxamento consiste en aloxarse en casas particulares nos que se inclúe o desayuno e cama por pouco prezo, sendo máis barato que estar nun hotel.
Existen outras opcións menos económicas como poden ser: apartamentos,hoteis ou intercambio de vivienda.
COMO DOCUMENTARSE

FOROS DE VIAXES

Os foros de viaxes proporcionan información,consellos,opinións,recomendacións e contactos entre viaxeiros,de este modo podedes facer preguntas sobre a próxima viaxe ou axudar coa vosa experiencia a outros viaxeiros.
É unha forma de compartir experiencias e unha mellor forma de información para viaxar.
Podedes consultar as seguintes:
  • www.losviajeros.com
  • www.tripadvisor.es
  • www.viajerosporelmundo.com
VIAXETECAS
Podedes consultar guia de viaxe de todo o mundo en dous espazos da cidade:
  • CASA DA XUVENTUDE:Na nosa oficina (Rúa López Mora,31) atoparás a túa disposición os recursos necesarios que che permitirán coñecer e planificar por anticipado os destinos que vas visitar.Contamos con diferentes tipos e editoriais de guias de viaxes (Lonely Planet,El pais,Guia Anaya…) e tamén dossieres de información cheos de folletos,planos,mapas facilitadas por oficinas de turismo.
  • BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO:Na biblioteca (Rúa Joaquin Yañez,6) tamén tedes a vosa disposición diferentes guias de viaxe que podedes consultar e mesmo levalas para ler na casa.

NA REDE

O mundo da rede nos ofrece un montón de posibilidades a hora de planificar as vacacións,nos proporciona información de todo tipo como búsqueda de aloxamento,información sobre os destinos,a opción de entrar en mapas etc.

Aqui vos presentamos un listado das webs máis utilizadas:

  • www.travelprice.com
  • www.kayak.es
  • www.rumbo.es
  • www.hostels.com
  • www.hihostels.com
  • www.aena.es
  • www.maec.es
  • www.couchsurfing.org
  • www.homeaway.com
  • www.viajerosporelmundo.com
  • www.losviajeros.com
  • www.tripadvisor.com
  • www.interrail.com
Logotipo cabecera