Información sobre Ocio e Tempo Libre

Viaxes

Viaxar hoxe en dia é unha maneira de percorrer o mundo,escollendo un destino interesante,escollendo diferentes tipos de transporte, viaxes á aventura ou facer unha viaxe organizada,pero se nese destino escollido para as nosas vacacións está nosa Comunidade Autónoma ou o resto de Comunidades Autónomas do pais, tedes a posibilidade de escoller entre unha alternativa moi variada de actividades como vos relatamos ofrecéndovos ideas nos parrafos a seguir,isto é: viaxes para ver os nosos grupos de música favoritos,facer o Camiño de Santiago ou participar en programas organizados por diferentes entidades.


LECER,VIAXES E MÚSICA

FESTIVAIS DE MÚSICA EN GALIZA

Para os que vivides en Galiza tedes moitas oportunidades de disfrutar de boa música sen ter que sair fora do noso territorio. Entre os festivais de música que se celebran aqui destacamos:
  • SURFING LÉREZ: Celébrase en xuño, e está considerado un dos festivais gratuítos de mellor calidade por aqui.Celébrase na Illa das Esculturas. Para máis información preme aqui.
  • DERRAME ROCK: Tamén no mes de xuño no recinto de Expourense, durante dous días convertese nun acontecemento na cidade das Burgas. Participan grupos de diferentes nacionalidades.Para máis información preme aqui.
  • FESTIVAL DO NORTE: Celébrase en Vilagarcia de Arousa, na Illa en xullo onde se presentan grandes artistas. Para máis información preme aqui.
  • FRRELIVE FESTIVAL: En xullo celébrase no parque acuático de Cerceda este festival de música cos grandes DJS do panorama español. Para máis informaciónpreme aqui.
  • FESTIVAL REPERKUSIÓN: En Ourense, no mes de xullo celébrase un festival de música,circo e moito humor. Para máis información preme aqui.
  • FESTIVAL PORT AMÉRICA:Habitualmente é un festival cun cartel de luxo cos mellores artistas españois e latinoamericanos en praia América.Ten unha duración de 3 dias de boa música no mes de xullo.Para máis información preme aqui.
  • FESTIVAL DE ORTIGUEIRA: Nesta pequena vila de Ortigueira no mes de xullo se incrementa a poboación,persoas que chegan de todos os rincóns para disfrutar da música tradicional galega.Para máis información preme aqui.
  • FESTIVAL SINSAL: Nun dos entornos máis bonitos das Rias Baixas como é a Illa de San Simón, lévase a cabo un dos festivais máis importantes e  coas bandas máis exquisitas do panorama nacional e internacional. No mes de xullo. Para máis información preme aqui.
  • NORDESTAZO ROCK: En xullo,na explanada do porto de Malpica presentanse artistas de primeira liña do panorama español. Para máis información preme aqui.
  • BRINCADEIRA: No mes de agosto en Santiago pódese disfrutar de artistas do panorama español e internacional. Para máis información preme aqui.
  • FESTIVAL DA LUZ: O evento musical que se leva organizando fai 3 anos na localidade da sua organizadora Luz Casal, con grupos españois no mes de setembro. Ademais se leva a cabo un curso de maquetas.Para máis informaciónpreme aqui.
  • FESTIVAL DE PARDIÑAS:Festival en agosto sobre música tradicional galega,con postos,mercadillos etc. Para máis información preme aqui
 

FESTIVAIS DE MÚSICA EN ESPAÑA

En España existen un gran número de festivais para os mozos /as de diferentes estilos musicais e para todos os gustos.Dende aquí imos propoñervos os máis relevantes:
  • PRIMAVERA SOUND: Na cidade de Barcelona, no Parc del Forum, está  considerado un dos máis importantes da escena musical.Levase a cabo no mes de maio. Por aquí pasaron grupos como Pixies,Nine Inch Nails,Arcade Fire….Para máis información preme aqui.
  • FIB BENICASSIM:En Valencia,concretamente en Benicassim.Levase a cabo no mes de xullo con un cartel de onda moi británica como Paul Weller,Lilly Allen,Manic Street Preachers,M.I.A…..Para máis información preme aqui.
  • BILBAO BBK LIVE: Sempre cun cartel de luxo,está considerado como unha institución.Recomendado para os amantes do rock con grupos como Franz Ferdinanz,The Prodigy,Vetusta Morla..Celébrase en Bilbao en xullo. Para máis información preme aqui.
  • SÓNAR: Festival de música electrónica e avanzada.Neste evento a música,a creación audiovisual e multimedia e a arte misturanse con maestría. Celébrase en Barcelona en xuño.Para máis información preme aqui.
  • JAZAALDIA: Celébrase en San Sebastián no mes de xullo e está centrado na música jazz. Está considerado nun dos eventos musicais de jazz máis importantes de España. Para máis información preme aqui.
  • SONORAMA RIBERA: Pouco a pouco vaise configurando como un dos festivais importantes en España. Celébrase en Aranda de Duero, Burgos, no mes de agosto.Concertos de músicos e grupos españois como Nacho Vegas, Amaral, Iván Ferreiro,El Columpio Asesino…Para máis información preme aqui.
  • AZKENA ROCK: Cita indiscutible para os amantes do rock en Vitoria no mes de xuño. Por aqui pasaron grupos como Violente Femmes ou Blondie. Para máis información preme aqui.
  • CONTEMPOPRANEA:Celébrase en Badajoz en xuño e en Alburquerque en xullo.Unha mezcla de grupos estranxeiros e nacionais.Para máis informaciónpreme aqui.
  • ARENAL SOUND:En Buriana, na Comunidade Valenciana a finais de xullo e principios de agosto.Contan cada ano con grupos como Placebo,Bastille,Crystal Fighters…Para máis información preme aqui.
  • TERRITORIOS  SEVILLA: En Sevilla no mes de maio.Festival no que no cartel destacan grupos españois. Para máis información preme aqui.
  • VIÑA ROCK:Festival de música baixo o sobrenome de “festival de arte nativo” en Villarobledo,Albacete no mes de maio. Representación de música rock, mestizaxe e hip hop no formato,referente na escea musical do país. Máis información preme aqui.
VIAXES ORGANIZADOS
Se sodes pouco aventureiros ou preferides outras opcións como que vos organicen a vosa viaxe, existen unha serie de posibilidades que vos indicamos neste blog, nas que podedes disfrutar de viaxes a concertos, viaxes no medio natural, de multiaventura..etc.
Entre os diferentes programas aos que podedes apuntarvos están:
PROGRAMAS
 
ACCIÓN DE VERÁN
Programas de actividades de lecer organizado pola Consellería de traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no que poden participar mozos/as de 15 a 30 anos.

  • ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS: Viaxes de varios dias nos que se poden realizar actividades moi variadas como orientación, sendeirismo,viaxes en barco,buceo,cursos de fotografía etc.No prezo se inclúe a manutención o aloxamento e as actividades.Hai desconto para os posuidores do carné xove.As reservas habitualmente son no mes de marzo.Máis información: preme aqui.
  • CAMPOS DE TRABALLO: Programa para mozos/as de 16 a 30 anos en Galicia,o resto das comunidades autónomas e no estranxeiro.Consiste nun grupo de mozos/as de diferentes nacionalidades comprometidos a colaborar nun proxecto de tipo social con actividades complementarias de forma voluntaria. Os participantes teñen que pagar unhas taxas por gastos de xestión e a viaxe,asi a organización proporciona aloxamento,manutención,seguros e a programación das actividades. Para máis información preme aqui.
XUVENTUR
 
Escapadas de fin de semana a casas de turismo rural con actividades de multiaventura ou tamén estancias de dous días en balnearios de Galicia.Actividades de lecer organizadas pola Consellería de traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado .
O tipo de programas que levan dende esta sección son:
  • programas  e viaxes á neve
  • fins de semana en casas rurais
  • Buceo en diferentes lugares da nosa comunidade
  • rutas maritimas
  • estancias en balnearios
  • etc.
Para máis información preme aqui.
ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

Esta é unha proposta do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que se combinan estancias de varios dias con actividades deportivas extremas. Entre os programas que levan a cabo están os seguintes:

  • Programa Delecer: Actividades relacionadas co aire como pontismo,paracaidismo e parapente.
  • Programa Augaventura: Todas as actividades se levan a cabo nun médio acuático como mergullo,surf,vela,descenso de rápidos.
  • Viaxes á neve: Concretamente en estacións de esquí para practicar esquí e snowboard.
  • Xeocaching: Procura de tesouros agochados en diferentes entornos.Máis Información preme aqui
  • Rutas culturais: O obxectivo é descubrir a pé algúns dos lugares con máis encanto da paisaxe galega.Máis Información preme aqui.
VIAXES A CONCERTOS
 

Existe na cidade de Vigo unha opción para aqueles que vos apetece ir a algun concerto e non teñades como ir. Dende aqui vos organizan o autobús, a entrada ao concerto e no caso de necesitalo tamén hotel ou camping, ben sexan concertos en España ou en Portugal. Para máis información preme aqui.

VIAXES E NATUREZA
 
CAMIÑO DE SANTIAGO

O Camiño de Santiago é unha alternativa para facer deporte ao mesmo tempo que se disfruta dunha paisaxe espectacular ben sexa dentro da nosa Comunidade Autónoma ou no resto de España,ademais de ser un medio económico de facer turismo sen ter que gastar moito diñeiro.

Existen diferentes camiños que podedes escoller e asi pasar uns dias diferentes en compañia de amigos ou acompañado por outros peregrinos que coñezas ao teu paso:
  • Camiño Frances: Parte de Roncesvalles e entra en Galiza polo Cebreiro.
  • Camiño Portugués:Parte do Algarve e entra en Galiza por Tui (existe a variante do Camiño da Costa)
  • Ruta da Prata:Ven dende Andalucia e entra pola provincia de Ourense
  • Camiño Primitivo: Ven polo norte de España e entra pola Fonsagrada.
  • Camiño do Norte: Tamén sae pola Cornisa Cantábrica e entra en galiza por Ribadeo.
  • Camiño Inglés: Sae de Ferrol ou existen outra variante dende A Coruña.
  • Ruta Marítima e rio Ulla
  • Camiño de Fisterra-Muxia: Neste caso a ruta é a inversa.O punto de partida é Santiago de Compostela e o destino final Fisterra ou Muxia dependendo do voso interese.

O primeiro que necesitas antes de comezar a marcha, é obter “a Credencial” que é o documento que vaite identificar como peregrino todo o camiño, e unha vez que chegues a Santiago.

Chegado ao punto de destino presentando esta “credencial” e aportando uns datos que vanche pedir na Oficina do Peregrino, poderás obter “A Compostela”,diploma en latin que acredita ter feito o Camiño de Santiago nalgunha das súas variantes, tendo realizado un minimo de 100 km a pé (o camiño tamén pode facerse a cabalo ou en bicicleta).

Para obter máis información preme aqui.

APPS  DE INTERESE

  • PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA: Información de interese sobre as illas Atlánticas de Galicia. Máis Información preme aqui.
  • RUTAS DE SENDEIRISMO GALICIA: Máis información preme aqui.
  • IMOS?:Guía social con información de praias,puntos de información turística e restaurantes. Máis Información preme aqui.
  • CHOVE?: Para coñecer o estado do tempo. Máis Información preme aqui.
  • PRAIA: Guía de praias,temperatura,oleaxe,e datos xerais. Máis Informaciónpreme aqui.
  • ENOTURISMO GALICIA: Información de viños e rutas. Máis Información preme aqui.
  • CAMIÑO DE SANTIAGO : Máis información preme aqui.
  • BLABLACAR:Viaxes compartidos en coche por Galicia ou España para tempos de crise,xente que non ten coche ou non quere conducir. Máis información preme aqui.
  • PARQUES NACIONAIS/NATURAIS: Máis información preme aqui.
Logotipo cabecera