ORIENTADORES/AS PARA DEPOINTEGRA XOVE

Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento interino por execución de programas de catro titores orientadores como persoal técnico para levar a cabo o programa de carácter temporal “Depointegra xove”, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, e con fundamento no artigo 10.1.c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP); na Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia; no artigo 27.1.2 do Real decreto 364/95, de 10 de marzo; na disposición adicional primeira do Real decreto 896/91, de 7 de xuño; na Orde APU/1461/2002, de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino e no Decreto 95/1991, de 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade.

Este proxecto ten como obxecto a integración sostible no mercado de traballo das persoas mozas desempregadas que non participan nos sistemas de educación nin formación; a realización de actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados, dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade para a mellora da formación e da empregabilidade das persoas novas, e así responder ás necesidades locais xeradoras de emprego detectadas nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego; a realización de formación complementaria e transversal en idiomas, novas tecnoloxías, igualdade de oportunidades etc.; ofrecer os itinerarios en diferentes localizacións da provincia, que faciliten a participación das mozas e mozos independentemente da súa residencia; favorecer a participación das mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social; garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de destinatario.

A súa execución levarase a cabo de acordo coa resolución de 6 de xullo de 2017 da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais, pola que se resolve a convocatoria 2017 de axudas ao Fondo Social Europeo destinadas á integración sostible de persoas mozas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil por importe de 2.327.871,88 €, e que ten unha duración que abarca de abril de 2017 a decembro de 2018.

+info: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Logotipo cabecera