“OS LIBROS AO SOL” – OS LIBROS VAN Á PRAIA!

Chegou o verán! E agora as nosas historias favoritas están alí agardando por nós!

Chegan: OS LIBROS AO SOL

Un novo programa de dinamización da lingua galega nace este verán… OS LIBROS AO SOL. Unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.

“Os libros ao sol” é unha biblioteca que achega á praia, concretamente na Argazada (no paseo de Samil) libros e actividades durante o mes de xullo.

É un programa das concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística que conta coa colaboración das editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais.

En horario de mañá (de 10.00 a 13.30 h) e de tarde (de 16.00 a 20.00 h) estará á disposición de quen o desexe unha ampla variedade de libros de todos os xéneros e, asemade, haberá contos, cantos, música, xogos… agasallos e concursos

+info: OS LIBROS AO SOL

 

 

 

 

Logotipo cabecera