PARTICIPA NA ENQUISA EUROPEA SOBRE INFORMACIÓN XUVENIL DE ERYICA

Utilizaches algunha vez os servizos dalgún centro ou punto de información xuvenil? Si tes entre 15 e 29 anos, queremos saber o que opinas da axuda e o apoio que recibiches neles.

Ademais, gustaríanos saber que tipo de información buscas normalmente, que fontes utilizas, en que formato prefires a información e con que facilidade podes acceder a estas fontes de información. ERYICA, a Axencia Europea de Información Xuvenil, realiza esta enquisa para evaluar e mellorar os servizos de información e asesoramiento xuvenil.

O cuestionario, que poderá completarse ata o 9 de febreiro, forma parte do proxecto Erasmus “#YouthInfo: Future Youth Information Toolbox”, do que ERYICA é socio.

As túas respostas son voluntarias e serán tratadas de xeito confidencial. As respostas de cada usuario non serán identificadas individualmente, posto que todas as respostas se compilarán e analizaranse no seu conxunto. Reencher a enquisa levarache só uns 15 minutos.

A análise dos datos realizarao un grupo de expertos en Ciencias da Información da Universidade Abo Akademi (Finlandia). A información recompilada compararase cos resultados doutra enquisa realizada en 2013-2014 e cuxo análise poder atopar no Compendio de estruturas de información e asesoramiento xuvenil publicado por ERYICA e o Consello de Europa.

Podes acceder aquí á enquisa. https://www.surveymonkey.com/r/MQB3VRR

Logotipo cabecera