Prazas aloxamento USC para verán 11 de xuño e o 31 de agosto de 2017.

book-862492_960_720As persoas que foron colexiais ou residentes da convocatoria ordinaria ate o 10 xuño 2017 poderán aloxarse no centro no que estiveron durante o curso académico, en función da dispoñibilidade dos mesmos, ate o día seguinte do último exame da convocatoria de xullo. Os/as residentes e colexiais que desexen continuar no centro no que residiron durante o curso, deberán solicitalo antes do 1 de xuño do 2017. Para o resto de solicitantes o prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 1 de xuño ate o 29 agosto 2017

A solicitude deberá cumplimentarse mediante o formulario acesible por vía telemática que figura na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocat_verano.html achegando a documentación pertinente para cada caso.

Máis información: USC

Logotipo cabecera