PREPARACIÓN PROBA LIBRE ESO

Radio ECCA prepara a PROBA LIBRE para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A proba libre estrutúrase en tres ámbitos, realizándose un exame de cada un deles:
ÁMBITO MATEMÁTICO-TECNOLÓXICO: (Matemáticas, C. Naturais e Tecnoloxía)
ÁMBITO CIENCIAS SOCIAIS: (Xeografía, Historia e Arte)
ÁMBITO LINGÜÍSTICO: (Lingua Galega, L. Castelá e Lingua Estranxeira (inglés))
 É necesario que se superen os tres ámbitos para poder posuír o título de Graduado en Educación Secundaria. No caso de só aprobar un ámbito ou dous, estes ámbitos quedarían aprobados para seguintes convocatorias, polo que para obter o título só sería necesario aprobar os ámbitos que estiveran suspensos. Os exames realízanse dúas veces ao ano, na primavera e en setembro. Se algunha persoa tivese aprobado algún ámbito de 4º da ESO, sería convalidable e non precisaría examinarse del.
O alumnado ten o deber de abonar as cuotas mensuais dentro dos cinco primeiros días do mes
Máis información: 986 22 73 15 – 645 91 02 19
30€ MATRÍCULA
20€ 1 ÁMBITO
30€ 2 ÁMBTOS
40€ 3 ÁMBITOS
Logotipo cabecera