PREPARACIÓN PROBA LIBRE GRADUADO ESO

A Fundación ECCA prepara a PROBA LIBRE para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para Adultos. A proba libre estrutúrase en 3 ámbitos, realizándose un exame de cada un deles:

 ÁMBITO MATEMÁTICO-TECNOLÓXICO: Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía e Tecnoloxía.

 ÁMBITO CIENCIAS SOCIAIS: Xeografía, Historia, Arte e Música.

 ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Lingua Galega, Lingua Castelá e Iinglés. É necesario que se superen os 3 ámbitos para obter o título. No caso de superar un ou dous deles, estes ámbitos quedarían aprobados para seguintes convocatorias, polo que para obter o título só sería necesario aprobar os ámbitos que estiveran suspensos. Pódense cursar os ámbitos en diferentes anos.

Cada ano hai dúas convocatorias de examen independentemente dos ámbitos a que cada alumno se quera presentar. Os exames realízanse dúas veces ao ano, na primavera e en setembro. Se algunha persoa tivese aprobado algún ámbito de 4º da ESO, sería convalidable e non precisaría examinarse del.

A metodoloxía que seguimos é semipresencial, facilitándoselle ó alumno os manuales de cada módulo xunto cos audios das clases gravadas, necesarios para o seguimento dos mesmos. Paralelamente o alumno poderá asistir una vez á semana ás tutorías para cada un dos tres ámbitos onde se resolverán dudas así como exercicios e test da proba oficial de anos anteriores.

+info: FUNDACIÓN ECCA

Logotipo cabecera