Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar

 violenciaA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha formación en prevención e loita da violencia de xénero.

Definición da acción formativa: Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar.
Destinatarios/as: Persoal das OMIX, técnicos de xuventude e persoas interesadas na temática.
Criterios de selección: terá preferencia o persoal das OMIX e os técnicos de xuventude.
Duración: 10 horas distribuidas en 2 días.
Nº asistentes por grupo: 25 máximo

Obxectivos xerais:
Coñecer e entender a orixe da violencia de xénero.
Incorporar boas prácticas profesionais para a prevención, a detección e a información ante posibles casos de violencia de xénero.

Contidos xerais:
Concepto e tipificación da violencia de xénero.
Ciclo da violencia de xénero. O bo trato.
Falsas crenzas da violencia de xénero. Mitos, estereotipos  e realidades
Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos seus fillos e fillas.
A trata de mulleres e nenas con fins de explotación.
Recursos e programas de atención a vítimas de violencia de xénero en Galicia

Lugar e horario:
Centro Coordinador de información xuvenil en Santiago: 12 e 13 de decembro en horario de 9h a 14h
Espazo Xove de Ourense: 14 e 15 de decembro de 9h a 14h
Espazo Xove de Tui: 26 e 28 de decembro de 10h a 15h

Posiblemente desenvolverase esta formación tamén en  Betanzos, Carballo, Viveiro, Vilalba, Vilagarcía e Chantada

Máis información e solicitudes: xuventude.net

Logotipo cabecera