Probas acceso ás ensinanzas deportivas curso 2017/18.

sport-927760_960_720

A certificación de superación da proba específica terá validez en todo o territorio nacional. A duración da validez está definida no correspondente real decreto que establece o título e as ensinanzas mínimas.

Inscrición para as probas. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica e de Vela, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 7 de xullo.

A proba de madureza realizarase segundo figura no anexo III desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

  1. a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
  • Lingua Galega• Lingua Castelá. • Parte sociocultural. • Parte científico-tecnolóxica.
  1. b) Grao superior. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
  • Lingua Galega e Literatura. • Lingua Castelá e Literatura. • Lingua estranxeira: (inglés/francés). • Historia de España. • Filosofía.

A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

  1. a) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 6 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.30 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
  2. b) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.00 horas.
  3. c) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no CIFP A Farixa en Ourense, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.
  4. d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 12 de setembro ás 10.00 horas.
  5. e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 18 de setembro ás 10.00 horas.
  6. f) Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 19 de setembro ás 10.00 horas.
  7. g) Na modalidade de Salvamento e Socorrismo, o día 20 de setembro nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada ás 10.00 horas.
  8. h) Na modalidade de Vela, o día 21 de setembro ás 10.00 horas, nas instalacións do porto deportivo da Pobra do Caramiñal.

O prazo de matrícula dos/das aspirantes que superen as probas de acceso abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 29 de setembro.

Máis información: DOG 14 xuño 2013

Logotipo cabecera