PROBAS ADESTRADORES DEPORTIVOS FUTBOL E FUTBOL SALA

Establecerse un novo prazo de presentación de solicitudes
As novas solicitudes presentaranse nas secretarías dos centros públicos IES Universi­dade Laboral (Culleredo) e IES Sánchez Cantón (Pontevedra), ata o día 27 de novem­bro de 2015. Non necesitarán presentar nova solicitude as persoas que xa participaron na primeira ou segunda convocatoria e que cumpran os requisitos para a realización da proba.
A relación provisional de persoas matriculadas farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros, onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o día 4 de decembro de 2015.
Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisorias, a través da secretaría dos centros onde se presentou a solicitude ou a través do correo electrónico: sxeefp@edu.xunta.es os días 9 de 10 de decembro de 2015.
Finalizado o prazo de alegacións, a relación de persoas inscritas será exposta nos tabo­leiros de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es . 
Logotipo cabecera