Probas aptitude xestor administrativo

bag-1245954_960_720Contido: Convocatoria de probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Requisitos: Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos:
– Licenciatura en Dereito, en Ciencias Económicas, en Ciencias Empresariais ou en Ciencias Políticas, de conformidade co artigo 6.e) do Decreto 424/1963, do 1 de marzo, de aprobación do estatuto orgánico de xestor administrativo.
– Licenciatura no ámbito das Ciencias Económicas e Empresariais, do Dereito e das Ciencias Políticas que as sucederon no extinto Catálogo de títulos universitarios oficiais de España.
– Máster universitario implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 27 de abril, adscrito á rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e vinculado ao eido disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.
– Grao implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, en cuxo proceso de verificación a universidade que expide o título declarase especificamente que os estudos de grao substitúen unha das licenciaturas previstas nos puntos anteriores.
– Titulación universitaria oficial obtida noutros estados que acredite a súa equivalencia ao nivel MECES 3 e a súa homologación respecto a algunha das titulacións anteriores.

Prazo: 2 meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG 14/07/2017

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera