PROBAS OBTENCIÓN TÍTULO ESO MAIORES 18 ANOS

Convocanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2016.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
Os prazos de matrícula serán: – Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos. – Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel , utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.es ).
As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros
Vigo:
 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.
Máis información: DOG 28 xaneiro 2016
Logotipo cabecera