Probas obtención título ESO maiores de dezaoito anos

testConvocanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017. Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que te ñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 4 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

As persoas aspirantes de Vigo formalizarán a súa inscrición no Centro:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 2 de xuño e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.

Máis información: DOG 9 febreiro 2017

Logotipo cabecera