PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014 pola que se habilita e autoriza a Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (rede CeMIT) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, anúnciase a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en diante, CODIX), que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

+INFO

Logotipo cabecera