PROGRAMA DE ACTOS POLO 8M . Día Internacional das Mulleres. VIGO

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizamos na cidade no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga,  , visita guiada ao Roteiro feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar, actuación musical do grupo “Habelas Hainas”, contacontos de igualdade a cargo de Paula Carballeira, proxección de curtas, etc.

Os actos que se desenvolverán na semana do 11 ao 16 de marzo son os seguintes:
13 de marzo, mércores: Recital aberto de poesía de xénero. Acto conducido por Iolanda Zúñiga.

Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que te sumaras coa achega dun poema da túa escolla sobre a temática de “muller”, “Igualdade”, que compartirías con todas as persoas alí presentes

Lugar: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa Hora: 19:00 h Entrada libre ata completar a capacidade do local

14 de marzo, xoves: Contacontos de Igualdade “Elas tres” a cargo de Paula Carballeira

Lugar: Praza 8 de marzo Hora: 17:15 h .No caso de que a previsión metereolóxica sexa adversa informaremos a traves das redes sociais da Concellería de Igualdade “IgualdadeVigo” o lugar alternativo no que realizaremos a actividade.

15 de marzo, venres, actuación musical do grupo “HABELAS HAINAS”.

Lugar: Museo MARCO (r/ Príncipe) Hora: 20:30 h. Entrada libre ata completar a capacidade do local

16 de marzo, sábado, Visita guiada ao Roteiro feminino “Sons de Mulleres” a cargo de María Casar

Punto de encontro: Paseo de Alfonso Hora: 11:00 h. Nos arquivos adxuntos pódese consultar todo o  programa

Máis info en http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=482 e no noso facebook “IgualdadeVigo”

Logotipo cabecera