PROGRAMA DE INTERCAMBIO INTERNACIONAL EN ALBERGUES XUVENÍS

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, desenvolve un programa para que mozas e mozos de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma realicen un intercambio internacional nun albergue xuvenil.
O intercambio, cunha duración de entre dúas semanas e tres meses, poderá realizarse ata decembro de 2018 en Croacia, Escocia, Eslovenia, Inglaterra, Italia, Países Bajos, Portugal ou República Checa.
O albergue de acollida proporciona aloxamento gratuíto durante toda a estancia e, polo menos, media pensión (almorzó e comida ou cea). A persoa participante farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como das comidas que non estean incluídas nos custos sufragados polo albergue e seguro de viaxe.
Logotipo cabecera