PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA A ATENCIÓN E ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES

Programa de voluntariado social para a atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas nos seus fogares (ACOMPAÑO) é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xestionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.

A DXXPV asumirá os custes de manutención e transporte, en caso de ser necesario (ata un máximo de 8 euros por día de voluntariado), cubrirá mediante o seguro de accidentes e responsabilidade civil os riscos de accidente da propia persoa voluntaria así como por danos ou perdas ocasionados a terceiros, derivados directamente da súa acción voluntaria e impartirá os cursos de formación necesarios para que as persoas voluntarias que vaian a participar no programa teñan os coñecementos necesarios para poder realizalo satisfactoriamente.

Destinatarios:

– Entidades de Acción Voluntaria, que actuarán como intermediarias entre as persoas voluntarias e as persoas maiores.

– Persoas maiores de 65 anos que residan soas.

– Persoas voluntarias interesadas na convivencia con persoas maiores.

Tanto as persoas como as entidades de acción voluntaria interesadas en participar no programa “Acompaño” debererán cubrir o formulario de inscrición e a continuación enviar o Anexo I ao enderezo electrónico voluntariado@xunta.gal.

Mais información e inscricións

Logotipo cabecera