Programa Faro

logo_programa_faroContido: Faro é un programa promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España cuxo propósito é fomentar a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas ubicadas en Europa, Estados Unidos e Canadá e en empresas españolas ou multinacionais de Asia e Oceanía.

O Programa Faro ten unha duración de 3 anos (2015-2018), sendo a data límite de inicio das estancias o 31/12/2017.

A adxudicación de axudas producirase de maneira continuada durante dito período e a duración das estancias é de entre 5 e 6 meses.

Requisitos:  estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas, públicas ou privadas

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera