PROGRAMACIÓN LUDOTECA APAMP FEBREIRO 18

PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2018
Ludoteca Inclusiva APAMP

Chega o mes de Febreiro e con el o Entroido, que traballaremos na primeira quincena.
Nestes días, ademais de facer unha festa de disfraces, cociñaremos filloas, dedicaremos un día á decoración da Ludoteca con motivos desta festa e faremos maquillaxe fantástico.
O 14 de febreiro, coincidindo co horario de mañás realizaremos unha saída a un parque de bolas que está preto da Ludoteca.

A segunda quincena traballaremos os cómics. Coñeceremos un pouco mais desta técnica narrativa. Confeccionaremos a nosa propia viñeta, faremos pousa vasos e carteiras con cómics en desuso.

Os martes: “Descubrindo” : Bélxica.
Os martes do mes de Febreiro viaxaremos a este pais europeo para descubrir mais sobre el. Faremos ricos bombóns belgas coa típica crema de Spéculos de este pais e chocolate, crearemos a nosa versión do “Atomiun”, monumento que representa as 9 provincias belgas e achegarémonos mais á obra de René Magritte facendo a nosa interpretación surrealista dun dos seus cadros.

Os mércores: “Érase que se era”: O primeiro mércores do mes contaremos un conto de Elmer, o elefante de cores e faremos actividades relacionadas con esta personaxe. Os dous últimos mércores do mes leremos diferentes cómics para que os nenos e nenas aprendan e experimenten máis sobre esta técnica narrativa.

OBSERVACIÓNS:
1. Todo isto complementárase con outras actividades que nos vaian xurdindo diariamente segundo o interese que observemos n@s nen@s.
2. O segundo venres do mes participaremos na “Hora dos contos”, actividade de fomento da lectura organizada pola Biblioteca “Xosé Neira Vilas”.
3. O resto de venres visualizaremos unha película infantil.
4. Realizaremos xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación.

Logotipo cabecera