Programación ludoteca inclusiva

PROGRAMACIÓN SETEMBRO 2017
Ludoteca Inclusiva

“ A vida Pirata”
Comezamos o mes de setembro converténdonos en intrépidos bucaneiros en busca de tesouros escondidos en illas misteriosas. Faremos sombreiros e parches, colares de hama beads con motivos piratas, un barco con bandeira de caveiras, unha busca do tesouro no noso xardín e remataremos a semana con sesión de cine: “Piratas”.
Ademais de todo isto aprenderemos cancións piratas e xogos cooperativos.

“Comezando un novo curso- quincena”

Na segunda quincena prepararémonos para o comezo do cole confeccionando utensilios moi orixinais e realizando decoracións para a nosa equipación escolar.
– Libretas de notas con forma de xeado.
– Adornos para o lapis con jumping clay.
– Cartucheiras de Feltro.
– Adornos monstruosos para as mochilas.
– Lapiseiros.
– Marca páxinas.
Ademais de todo isto reciclaremos ceras de cores usadas para facer as novas con divertidos moldes.

“Outono”
Chega o outono á Ludoteca decorándoa con motivos de esta estación. Faremos unha parra con materiais de refugallo para unha das nosas paredes, móbiles outonais, murais de esta estación e follas decorativas con papeis de cores para ás nosas fiestras.
Exploraremos tamén as súas cores xogando co barro e decorando materiais con estampacións co marrón, amarelo e vermello.
Tamén faremos un ourizo con follas que recollamos no noso xardín.

OBSERVACIÓNS:

• Todo isto complementárase con outras actividades que nos vaian xurdindo diariamente segundo o interese que observemos n@s nen@s.
• O venres visualizaremos unha película infantil.
• Realizaremos xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación.

Logotipo cabecera