PROGRAMACIÓN NOVEMBRO LUDOTECA APAMP

PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2017
Ludoteca Inclusiva APAMP

“AS TRADICIÓNS”
Comezamos o mes coñecendo algunhas tradicións como o xogo da ra e as cometas. Ademais confeccionaremos os nosos xoguetes e descubriremos diferentes xogos.
• “Descubrindo” :
O Magosto. O martes faremos un obradoiro de cociña con este alimento tan rico da época na que estamos.
• “Érase que se era”:
“O sacapenas”. Coñeceremos xunto a Bieito e a súa avoa como afastar os temores con estes bonequiños provenientes de terras lánxanas. Faremos o nos propio boneco sacapenas.

“COÑECENDO O ESPAZO EXTERIOR”
Adicaremos unha quincena a coñecer os planetas e as constelacións, descubriremos as fases da lúa mediante un calendario moi especial, proxectaremos constelacións con lanternas e farémolas cosendo con lá.
Converterémonos en astronautas a través dun xogo de pistas e superando diferentes probas espaciais.

• “Descubrindo” :
O sistema solar. Descubriremos e confeccionaremos o sistema solar con plastilina de cores.
Masilla estelar: faremos unha masa para manipular simulando unha viscosidade da galaxia.
• “Érase que se era”:
A que sabe a lúa?. Será doce ou será salgada? Os animais mais intrépidos axúdannos a descifrar este misterio.
¿Que lío cósmico! A galaxia volveuse tola. Axudaremos ao protagonista a resolver o misterio.

“TECNICAS E CORES ”
A última semana do mes de Novembro traballaremos algunhas técnicas de pintura como o esgrafiado con ceras brandas e pintaremos cos pes un mural para decorar. Ademais disto:
• “Descubrindo” :
Claude Monet : Achegarémonos mais a obra de este pintor impresionista creando a nosa propia reprodución dunha das súas obras.
• “Érase que se era”:
O soño de Matías: acompañamos a este personaxe na súa primeira visita a un museo. Que pasará despois?

OBSERVACIÓNS:
1. Todo isto complementárase con outras actividades que nos vaian xurdindo diariamente segundo o interese que observemos n@s nen@s.
2. O segundo venres do mes participaremos na “Hora dos contos”, actividade de fomento da lectura organizada pola Biblioteca “Xosé Neira Vilas”.
3. O resto de venres visualizaremos unha película infantil.
4. Realizaremos xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación.
5. Desenvolvemos dúas novas actividades para este novo curso:
“Descubrindo” : Actividade na que os nenos e nenas poderán aprender e explorar a través dos seus sentidos. Levarémolo a cabo mediante a observación directa, manipulación e dinamización, os temas que máis lles interesan e que vaian xurdindo o longo dos días na Ludoteca.
“Érase que se era”: Actividade de fomento da lectura na que xogaremos coas historias que máis nos gustan e descubriremos outras novas. Farémolo a través da música, baile, teatro, xogo e moita imaxinación, dunha maneira moi dinámica e divertida.

+info: APAMP

Logotipo cabecera