PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2017 LUDOTECA A.P.A.M.P.

PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2017
Ludoteca Inclusiva APAMP

“OUTONEANDO”
Continuamos coa chegada desta estación tan fermosa. Faremos unha manualidade dun moucho moi divertido e de cogomelos en tres dimensións con vermes incluídos. Tamén realizaremos unha actividade dinámica de arte coa natureza, pintando follas e paus con diferentes cores. Ademais temos novas actividades:
• “Descubrindo” :
Os froitos do outono. Coñeceremos as landras, castañas, cabazas, etc, mediante observación directa, manipulación e exploración a través dos sentidos.
Os caracois. Pasamos unha tarde divertida aprendendo sobre este gracioso animal. Ademais sairemos o noso patio e crearemos unha casa para os bichiños que queran vivir nel.

• “Érase que se era”:
“Oso cazamariposas”. Acompañaremos a este gran animal na súa aventura polo bosque, que sempre vai de paseo na procura de tesouros.
“A casa máis grande do mundo”. Un pequeno amigo visita os nenos e nenas da ludoteca para contarlle o problema que lle xurdiu. Poderemos axudarlle entre todos?

“O RECICLAXE MOLA”
Esta semana a dedicaremos ao reciclaxe. Clasificaremos os diferentes tipos de residuos e sairemos polo barrio en busca dos contenedores adecuados para depositalos. Tamén faremos unha tarde de xogos con cartón, dando renda solta a imaxinación.

• “Descubrindo” :
Reciclaxe na ludoteca. Falaremos da importancia de reciclar na nosa vida diaria, e tamén na ludoteca. Revisaremos o noso sistema de reciclaxe e actualizaremos os carteis e contenedores entre todos os nenos e nenas.
• “Érase que se era”:
O zoo de Xoaquín. O reciclaxe dende o punto de vista dun neno inventor que crea animais cos obxectos máis inesperados.

“SAMAIN”
Comezaremos a semana decorando a ludoteca con motivos fantasmagóricos e aterradores.
Traballaremos esta temática do 23 o 31 de outubro. Faremos unha actividade “Entre luces e sombras” na que os nenos e nenas xogarán e explorarán con distintos tipos de luces e os efectos que podemos conseguir con elas. Realizaremos tamén un obradoiro de cociña terrorífica onde crearán receitas moi ricas con aspecto terrorífico. Mmmmm!! E para rematar o mes o día 31 celebraremos a festa de Samain onde haberá xogos, bailes, disfraces e unha gran merendola para celebrar esta data.
• “Descubrindo” : Nesta actividade falaremos da tradición desta festividade de orixe celta, historias que a rodean e levaremos a cabo moitos xogos.
• “Érase que se era”: Meigas, monstros e outras bestas. Tarde de contos entre sustos e risas.

OBSERVACIÓNS:
1. Todo isto complementárase con outras actividades que nos vaian xurdindo diariamente segundo o interese que observemos n@s nen@s.
2. O primeiro venres do mes participaremos na “Hora dos contos”, actividade de fomento da lectura organizada pola Biblioteca “Xosé Neira Vilas”.
3. O resto de venres visualizaremos unha película infantil.
4. Realizaremos xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación.
5. Desenvolvemos dúas novas actividades para este novo curso:
“Descubrindo” : Actividade na que os nenos e nenas poderán aprender e explorar a través dos seus sentidos. Levarémolo a cabo mediante a observación directa, manipulación e dinamización, os temas que máis lles interesan e que vaian xurdindo o longo dos días na Ludoteca.
“Érase que se era”: Actividade de fomento da lectura na que xogaremos coas historias que máis nos gustan e descubriremos outras novas. Farémolo a través da música, baile, teatro, xogo e moita imaxinación, dunha maneira moi dinámica e divertida.

Logotipo cabecera