PROGRAMACIÓN XUÑO LUDOTECA “APAMP

PROGRAMACIÓN XUÑO 2018

Ludoteca Inclusiva APAMP

LUDOCHEFS :

Este mes realizaremos os seguintes pratos:

  • Luns 11 de xuño : Pizza caseira.

  • Luns 18 de xuño: Batidos saudables.

Descubrindo” : A nosa cidade.

A través do xogo descubriremos diferentes recunchos da nosa cidade, monumentos, praias, xardíns e moitas historias que esconde. Faremos un xogo de pezas no que cada unha representará un lugar de Vigo para poder facer unha cidade a escala.

Érase que se era”:

Traballaremos a temática do mar acompañando a estes seres mariños nas súas aventuras. Peces de cores, algas e outros seres moi divertidos. Aprenderemos con eles a importancia de compartir, de pertenza a un grupo, a solidariedade e moitos outros valores.

Xoves artísticos”:

Coa chegada do bo tempo saímos ao patio e o primeiro xoves do mes faremos xogos con elementos da natureza: cunchas, area, pedras, etc. Representaremos mandalas e outras formas artísticas. O seguinte xoves pintaremos con lapis de acuarela escenarios mariños, e remataremos os xoves de este mes facendo unha orquestra con elementos de uso cotiá.

OBSERVACIÓNS:

  1. Todo isto complementárase con outras actividades que nos vaian xurdindo diariamente segundo o interese que observemos n@s nen@s.

  2. O segundo venres do mes participaremos na “Hora dos contos”, actividade de fomento da lectura organizada pola Biblioteca “Xosé Neira Vilas”.

  3. O resto de venres visualizaremos unha película infantil ou se o tempo o permite, sairemos o patio para gozar do aire libre

  4. Realizaremos xogos predeportivos, de cooperación, competición e animación.

Logotipo cabecera