PROXECTO LEWO

Proxecto LEWO “ Vida permanente con voluntarios” – LIFE16 ESC -: un proxecto para a xuventude que desfruta e coida a natureza

Queres participar nun proxecto de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia?
Tes interese pola natureza e a contorna na que vives?
Presta atención…..

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN) poñen en marcha o proxecto “Vida permanente con voluntarios” (Evergreen With volunteer) -acrónimo LEWO-, ao abeiro do programa LIFE 2016 do Corpo de Solidariedade Europeo.

Con este proxecto preténdese:

– Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
– Facer sustentable o uso de recursos naturais.
– Promover a educación ambiental e a participación cidadá no coidado da natureza.

O obxectivo final é potenciar o patrimonio natural de Galicia a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.

As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:

– Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
– Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
– Educación (Sensibilización, formación, exposición)

+info: PROXECTO LEWO

Logotipo cabecera