Regulación guía turismo

luggage-1149289_960_720Contido: O obxecto do Decreto 73/2015, do 7 de maio, é a regulación  da profesión de guía de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
As modificacións máis salientables que se recollen no presente decreto son:
1. Para obter a cualificación profesional para o exercicio da profesión de guía de turismo, mantense o réxime de habilitación previa pero introducindo como novidade un procedemento de habilitación directa, sen necesidade da superación de probas específicas, baseada na posesión de determinados títulos.
2. A ampliación do ámbito de aplicación da norma, que comprende tanto a liberdade de prestación de servizos como de establecemento.
3. A duración indefinida da habilitación, que xa non precisa a súa validación cada cinco anos.
4. No que se refire á prestación de servizos ou ao establecemento e ao posible recoñecemento de cualificacións profesionais, establécense réximes distintos segundo a procedencia do/a guía de turismo (doutra comunidade autónoma, da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou dun terceiro país).
5. Co obxecto de garantir a calidade e unha axeitada prestación dos servizos que comprende a actividade profesional dos/as guías de turismo, prevese a organización ou homologación por parte da Axencia Turismo de Galicia de cursos de formación, a asistencia aos
cales é voluntaria.
 
Máis información: premer aquí
Logotipo cabecera