Roteiro pola Serra Amarela-Gêres e Soajo

Convoca: Faia

Contido: Estremando co Xurés e conformado por catro serras -Amarela, Gerês, Soajo, Peneda-, e dous planaltos -Mourela e Castro Laboreiro-, o Parque Nacional Peneda-Gerêspresenta unha xeografía variada a descubrirmos. Así, relevos esgrevios e sinuosos, afloramentos graníticos impoñentes, vales vizosos, ambientes de ribeira vertebrados polos ríos Lima, Cávado ou Homem. Masas boscosas propias en Cabril, Gerês ou Ramiscal.

Dia: 22 e 23 de xullo

-A tarifa é 69€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 59€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado na Pousada de Campo do Gerês (saída o domingo), a cea do sábado na Pousada, o almorzo e o xantar volante do domingo, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Logotipo cabecera