Roteiro polo Parque Nacional da Peneda Gêres

i-horreo-1591277_960_720Convoca: Faia Educación ambiental.

Contido:

O 22 e 23 de xullo Faia organiza unha fin de semana no Parque Nacional da Peneda Gêres.

Esta visita guiada presenta dúas rutas monitorizadas e diversas visitas guiadas nas que pretendemos amosar, comprender e entender a diversidade de ambientes do parque nacional.

Os bosquetes caducifolios colinos, bosques de galería, os relevos de montaña e o mato. A flora.
Os  sustentábeis sistemas agro-pastorís do Norte. A etnografía dos canizos e espigueiros e a arquitectura harmónica que os envolve.
O patrimonio histórico das calzadas e, tamén, episodios históricos non tan agradábeis.

Indicacións

-A tarifa é 69€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 59€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado na Pousada de Campo do Gerês (saída o domingo), a cea do sábado na Pousada, o almorzo e o xantar volante do domingo, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
–Límite da inscrición, 26 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educaión Ambiental.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

 

Logotipo cabecera