EN RUTA COA DEPO

Este programa está dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra, que teñen a posibilidade de presentar a súa solicitude de forma conxunta con outra entidade.

Ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, impulsando a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de lecer e tempo libre á mocidade da nosa provincia e promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente nenas e nenos.

O programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta asignada cunha persoa do equipo de guías, co xantar e o transporte incluídos.

Ofértanse un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia, que figurarán no catálogo, e un máximo de 20.000 prazas, das que 400 serán gratuítas.

Cada participante achegará a cantidade de 12 €, que incluirá o desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus concellos, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializado de Galicia e o xantar.

+info: EN RUTA COA DEPO

Logotipo cabecera