Sala de exposicións

Sala ExposiciónsA Sala de exposicións da Casa da Xuventude consiste nun espazo de 75 m2 no primeiro andar e está ideada para que o colectivo mozo ou entidades que traballen con e/ou para el, desenvolva as súas inquietudes artísticas en calquera das súas modalidades: pintura, fotografía, escultura, proxeccións audiovisuais, etc, dando así promoción aos novos valores artísticos. As modalidades de exposición poden ser individuais ou colectivas.

Débese cubrir o formulario de solicitude correspondente e facelo chegar na Casa da Xuventude. É recomendable incluír na solicitude documentación gráfica da obra, se existe. Recibirase resposta na maior brevidade posible en función da dispoñibilidade da sala por meses.

Requirimentos da exposición:

a) O transporte e a montaxe/desmontaxe da exposición deberá ser asumida polo/a interesado/a ou colectivo.

b) A Casa da Xuventude publicitará as exposicións nos seus medios de difusión, sendo a conta do interesado/a calquera difusión adicional.

c) Non está permitida a venda das obras no espazo de exposicións.

Logotipo cabecera