Voluntariado Europeo

Información Básica

Servizo de Voluntariado Europeo

 

O Servizo Voluntario Europeo enmárcase dentro do programa Erasmus+ e está dirixido a mozos/as de 18 a 30 anos residentes ou con nacionalidade española. Non te pedirán ningún requisito máis.

Que é o SVE?

O SVE é unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, onde as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

Os voluntarios/as desenvolven a súa actividade nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade, de 2 a 12 meses.

O programa cóbreche a viaxe ida e volta (en base a uns tramos quilométricos), o aloxamento, a manutención, diñeiro de peto para os teus gastos, transporte local, apoio lingüístico, seguro médico e apoio persoal e administrativo.

O teu labor é de apoio a un equipo de profesionais, no que se espera que aportes as túas ideas, motivación, enerxía e tempo, a cambio aprenderás moitísimas cousas a través dunha experiencia única, tanto da actividade que desenvolvas como de ti mesmo/a!

 Que non é o SVE?

  • Un voluntariado ocasional, sen estructurar e a tempo parcial.
  • Un período de prácticas nunha empresa.
  • Un traballo remunerado, non debe substituír a un posto de traballo.
  • Unha actividade de lecer ou turística.
  • Un curso de idiomas.
  • Explotación de man de obra barata.
  • Un período de estudos ou de formación profesional no estranxeiro.

Bota unha primeira ollada en: http://erasmusplus.injuve.es/acciones/voluntariadoeuropeo/

Logo esperámoste na Casa da Xuventude para asesorarte nos trámites para participar no Servizo Voluntario Europeo, os martes e mércores de 17.30h a 19.30h ou contactando por correo electrónico ariadna.navarro@abertal.org

Voluntariado Europeo
Logotipo cabecera