Voluntariado Europeo

Prazas Vacantes

Se xa estiveches connosco informándote do SVE e estás animado a irte, neste apartado atoparás información sobre prazas vacantes, organizacións que están buscando xente coma ti para o seu proxecto!
Se aínda non pasaches por aquí para informarte, invitámoste a pasar os martes ou mércores de 17.30 h a 19.30 h e poder contarche todo o que necesitas saber para participar.
Non fai falla pedir cita!

Enlaces que podes consultar para atopar a túa praza!
Base de datos das organizacións acreditadas: https://europa.eu/youth/volunteering/evs-organisation_en

SVE Abertal Vigo https://www.facebook.com/sveabertalvigo/

 

Ferramentas útiles na túa procura
Para a elaboración do CV e carta de motivación dámosche algúns consellos que che poden ser de moita utilidade:

  • CV:

http://www.modelocurriculum.net/modelos-y-plantillas-de-curriculum-vitae

https://about.me/

http://www.comoto.com/

http://kinzaa.com/

  • Carta de motivación:

Cando se solicita un proxecto de SVE, débese presentar tanto o CV, como unha carta de motivación (específica). A carta de motivación debe descubrir a túa personalidade e interese no proxecto.

O primeiro paso non é sentarse a escribir, debes informarte do proxecto de SVE e de cal é a imaxe que queres dar de ti. Unha vez coñezas mellor a organización e vacante poderás mostrar unha imaxe máis adecuada para cumprir coas súas necesidades.
1. Se é posible, deberías dirixir a carta á persoa coordinadora ou responsable da selección de voluntarios.
2. Introdución: Non esquezas dicir quen es e o que fas. Explicar porque escribes a carta sen pasar de tres frases. Definir algunhas características da túa personalidade, as túas fortalezas e debilidades, a túa visión da vida e os teus intereses e afeccións. Destaca puntos fortes e debilidades (sempre tornándoas en aspectos positivos)
3. A carta debe estar escrita en Inglés ou na lingua oficial do país da organización de acolleita.
4. A carta de motivación non é un CV, polo que non hai que repetir o que xa aparece nel.
5. Motivación para participar no SVE: Por que decidiches facer o SVE e se xa realizaches algunha acción voluntaria anteriormente. Motivación específica para ese proxecto: Explica por que desexas participar nese proxecto e cales son as túas experiencias previas neste campo, se as houbese. Que tarefas dentro do proxecto pensas que son interesantes e cales poderías facer ben? Di que poderías aportar, menciona as túas habilidades e como se poderían utilizar nese proxecto. Mostra por que crees que es o voluntario máis adecuado.
6. Escribe algunhas das túas expectativas e vínculos co país elixido.
7. Final: Antes de despedirte deixa claros os teus datos de contacto. Menciona que esperas a súa resposta.
8. Recomendámosche que a fagas un pouco máis orixinal incluíndo imaxes, marcas de auga, cenefas… Pero nada recargado, é só para chamar a atención!

Voluntariado Europeo
Logotipo cabecera