Campamentos de verán

A Concellería de Xuventude, a través do seu programa Verán Xove, pon en marcha os campamentos e actividades estivais co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese favorecer o emprego e a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes. Tres grandes bloques de actividades compoñen a programación: Campamentos urbanos, Espazos de Tempo Libre e Actividades xuvenís

a) Campamentos urbanos. Actividades de lecer educativo na cidade para rapaces e rapazas de Vigo con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos. Desenvólvense en múltiples espazos da cidade e do Concello de Vigo (Bouzas, O Castro, A ETEA, Vigozoo, Casa da Xuventude, Vigosónico, Pavillón das Travesas, etc).

b) Espazos de Tempo Libre. Espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando… e, sobre todo, divertíndose con amigos e amigas. Están dirixidos ao público infantil e realízase nos Espazos de lecer da Concellería de Xuventude e en Vigozoo.

c) Actividades xuvenís. Actividades desenvolvidas e dirixidas por e para o público xuvenil (13 a 35 anos).

Habitualmente, entre os meses de abril e maio publícase a programación e a partir dese momento, para as actividades que así o requiran, ábrese un período de inscrición. Toda a información estará dispoñible na web da Concellería de Xuventude de Vigo coa antelación suficiente.

Logotipo cabecera