Cursos e obradoiros xuvenís

Obradoiro - Moneco con calcetinsComo complemento dos servizos de información xuvenil e de dinamización xuvenil, a Concellería de Xuventude de Vigo oferta en cada programación un conxunto de Cursos e obradoiros que buscan completar a capacitación dixital dos mozos e mozas, así como proporcionar habilidades técnicas e socias que faciliten a inserción sociolaboral dos participantes. Trátase dunha oferta de curta duración e eminentemente práctica que en moitas ocasións permite despertar o interese sobre aspectos descoñecidos ou insuficientemente desenvoltos, que logo pode ampliarse coas distintas ofertas formativas da cidade. Esta oferta está en permanente actualización en función da demanda e de necesidades detectadas na interacción cos usuarios e usuarias dos servizos de xuventude.

No apartado de Formación, algúns dos cursos que están contando cunha importante demanda fan referencia a “Informática para traballar”, “Mecanografía” ou “Fotografía dixital”. Tamén teñen interese as píldoras formativas relacionadas coas novas tecnoloxías (p.e: robótica, cración de blogs, youtubers, etc) ou destrezas que se desenvolven nos múltiples Obradoiros creativos ofertados (p.e: iniciación ao ganchillo, mochilas vaqueiras, postres creativos, disfraces con material de refugallo, etc).

Outra liña de formación ten que ver cos Obradoiros de información xuvenil, no que de forma grupal se profundiza en aspectos de ampla demanda como “Busca de emprego xuvenil”, “Oportunidades de traballo e prácticas no estranxeiro”, “Probas de acceso e probas libres”, “Como crear e xestionar unha asociación xuvenil”, “Voluntariado e Campos de traballo”, etc.

Curso de Informática para traballar

informática

Curso de Fotografía dixital

fotografia

Obradoiro de Hamma Beads

hamma
Logotipo cabecera