Dinamización infantil

A Concellería de Xuventude de Vigo incorpora na súa estrutura un programa de dinamización infantil en espazos propios e en espazos conveniados con entidades sociais. O obxectivo é proporcionar un lugar de lecer para rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos no que a través do xogo desenvolvan as súas capacidades e atopen unha maneira de socialización. Tamén se pretende proporcionar un recursos que faciliten a conciliación do traballo coa familia.

Os espazos de lecer da Concellería de Xuventude localízanse na Casa da Xuventude e no Pavillón de Coia, en horario de luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas. Este horario pasa a ser nas vacacións escolares de 8:00 a 16:00 horas.

Os espazos de lecer conveniados con entidades sociais localízanse en Coruxo e Lavadores (idades: 6 – 12 anos). O espazo de lecer de integración está na rúa Sagunto (idades: 4-10 anos)

dinamizacion

Logotipo cabecera